Outras novas
26/02/2008
Outras novas

“VERÁS O QUE VEN”. Xanela Aberta ao Sur

 ¿Qué é XANELA ABERTA Ó SUR? É un programa de formación e sensibilización co que se pretende achegar a realidade dos pobos do Sur á nosa sociedade, e formar persoas que participen activamente no campo da solidariedade e pola transformación do inxusto modelo de relacións Norte-Sur. Consta dunha serie de xornadas e seminarios como preparación para visitar durante un mes un proxecto de desenvolvemento elaborado e dirixido por unha organización do Sur. Obxectivos: Informar sobre o actual sistema de reparto da riqueza no mundo e posibles alternativas, Sensibilizar a cerca das diversas formas de cooperación entre os pobos Participar en visitas a proxectos de desenvolvemento en países do sur.  Contidos: Xornadas de Formación no que se coñecen as organizacións do Sur e se traballa en equipo para afondar en conceptos básicos da cooperación internacionalEstadía durante un mes nun proxecto de desenvolvemento  Xornada de Avaliación á volta da viaxe para avaliar a experiencia Difusión organizar aló menos unha conferencia divulgativa por persoa Organizacións do Sur que se visitan: Movemento dos Sem Terra de Brasil: os/as activistas convivirán nun asentamento do movementoFundación Maquita de Ecuador: visitaranse organizacións que traballan co comercio xustoAttawssoul de Marrocos: os/as activistas convivirán con mulleres obreiras do téxtil  Para explicar en qué consiste este programa organizamos unha serie de charlas de difusión nas que os e as activistas que viaxaron o ano pasado contaran a súa experiencia e onde poderedes ter máis información. Charlas previstas: -          20 de Febreiro ás 20:30 na Casa Xuventude de Ourense -          21 de Febreiro ás 20:00 no Local de Amarante en Pontevedra (R/Ponte, 8)-          26 de Febreiro ás 20:00 en Bueu (Aturuxo)-          27 de Febreiro ás 20:00 no Centro Cívico Casco Vello de Vigo-          28 de Febreiro ás 20:00 na Ecotenda Terra Viva de Ponteareas-          06 de Marzo ás 20:00 no Local de Amarante en Compostela (Romero Donallo, 19)-          10 de Marzo ás 20:30 no Local de Amarante en Ourense (Avda/Habana, 64)

-          Posiblemente tamén estaremos en A Coruña, Lugo e Melide

 

PROGRAMA:

 

- Datas de inscrición: Do 11 de Febreiro ó 13 de Marzo    - I Xornada  formativa: 15 de Marzo Lugar: Monte da Condesa (r/ Xaquín de Rabago, s/n) Campus Sur  Santiago Compostela (ó lado de instalacións deportivas e centro de transfusión de sangue)               - II Xornada de formación: 29 e 30 de Marzo             Lugar: Albergue en Rianxo     - I Xornada Específica: 19 de Abril  - II Xornada Específica: 24 de Maio      - Estadía: Xullo ou Agosto    - Avaliación: 27 de Setembro    - Difusión: Outubro e Novembro    CUSTE: 10€ para desempregad@s e estudantes, e 20€ para traballador@as Contacto: Tfn: 886 111 327  //  correo electrónico: educacion@amaranteong.org