ACDE Trezecatorze organiza, xunto con Enxeñería Sen Fronteiras, as VI Xornadas de Conciencia Ecolóxica, financiadas pola Cooperación Galega.
Á vila de Salceda de Caselas achegaranse diferentes proxectos transformadores dende o punto de vista social e económico, novas formas de vivir e de pensar en colectivo e cunha perspectiva de xénero; todo iso a través de obradoiros, documentais, charlas coloquio e teatro da oprimida.
Terán lugar o vindeiro sábado 21 de outubro no Centro cultural " A Devesa" en Salceda de Caselas e serán de balde.
Máis información no cartaz que figura a continuación.
Documentos