O 17 de decembro de 1999, a través da resolución 54/134, a Asemblea Xeral declarou o 25 de novembro como o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, e invitou aos gobernos, as organizacións internacionais e as organizacións non gobernamentais a que organicen nese día actividades dirixidas a sensibilizar á opinión pública respecto ao problema da violencia contra a muller. Desde 1981, as militantes en favor do dereito da muller observan o 25 de novembro como o día contra a violencia. A data foi elixida como conmemoración do brutal asasinato en 1960 das tres irmás Mirabal, activistas políticas da República Dominicana, por orde do gobernante dominicano Rafael Trujillo (1930-1961).