Outras novas

  • 10/12/2007
    Outras novas

    Worldcom Foundation presente unha campaña medíatica sobre a violencia sexual como crime de guerra, de lesa humanidade e de xenocidio, e reivindica o dereito das súas vítimas á xustiza e a reparación.

  • 10/12/2007
    Outras novas

    Persoal científico debate en Bali a renovación do tratado asinado en 1997. A 13ª Conferencia da Nacións Unidas sobre Cambio Climático sentará as bases das novas medidas para a comunidade internacional

  • 10/12/2007
    Outras novas

    A idea detrás desta tenda é frear esta sociedade de consumo do "úsao e tírao". Dende hai 10 anos a Tenda Gratis de Berlín abre, en nome do anti capitalismo e a ecoloxía, para regalar todo o que está no seu interior

  • 10/12/2007
    Outras novas

    O muro que Israel constrúe para separarse de Palestina mide nalgúns tramos oito metros e noutros chega aos doce. A construción é tal tal que moitas nenas e nenos cando van á escola nin sequer ven o ceo porque as ventás da súa clase dam ao muro.

  • 09/12/2007
    Outras novas

    A celebración do 10 de decembro do día dos Dereitos Humanos ten a súa orixe no ano 1950. Neste ano a Asemblea Xeral das Nacións Unidas invitou a todos os Estados e organizacións interesadas a que o 10 de decembro observasen o Día dos Dereitos Humanos (resolución 423 (V)). Nese Día conmemórase a aprobación pola Asemblea Xeral da Declaración Universal de Dereitos Humanos, en 1948.

  • 28/11/2007
    Outras novas

    Este ano podes ser orixinal regalando túas cestas e lotes de nadal con produtos de Comercio Xusto. Cestas integramente realizadas con produtos de Comercio Xusto ou metendo algún produto nas túas cestas e lotes de sempre

  • 24/11/2007
    Outras novas

    O machismo nace na FAMILIA, medra coa IGREXA, afiánzase na ESCOLA, multiplíclase nos MEDIOS DE COMUNICACIÓN, engorda no TRABALLO, enquístase coa mal chamada XUSTIZA e, finalmente, a mans dun home calquera, non morre, non.... MATA!!

  • 22/11/2007
    Outras novas

    Solidariedade Internacional de Galicia acaba de abrir en Pontevedra a TENDA DE COMERCIO XUSTO na Galería da Oliva, local 4 (entrada pola rúa Xeneral Guitérrez Mellado)

  • 21/11/2007
    Outras novas

    Santiago acolle a IV edición das Xornadas Anuais de Cooperación, baixo o título "O compromiso global do mundo local"

     

  • 19/11/2007
    Outras novas

    O 17 de decembro de 1999, a través da resolución 54/134, a Asemblea Xeral declarou o 25 de novembro como o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, e invitou aos gobernos, as organizacións internacionais e as organizacións non gobernamentais a que organicen nese día actividades dirixidas a sensibilizar á opinión pública respecto ao problema da violencia contra a muller. Desde 1981, as militantes en favor do dereito da muller observan o 25 de novembro como o día contra a violencia. A data foi elixida como conmemoración do brutal asasinato en 1960 das tres irmás Mirabal, activistas políticas da República Dominicana, por orde do gobernante dominicano Rafael Trujillo (1930-1961).