Escolares de oito centros galegos reclamaron hoxe na Praza da Quintana: “Superemos a exclusión ¡Calidade na educación!”
A directora xeral de Cooperación Exterior, Fabiola Sotelo, e o Alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, asinaron o compromiso de destinar, coma mínimo, o 8% dos orzamentos a promover a educación no Sur. De feito, a Xunta de Galicia xa investiu un 11,5% neste obxectivo no ano 2007