Con esta medida preténdese apoiar a formación de persoas expertas en cooperación internacional, complementando a formación académica con estadías na Dirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela, e nos proxectos que, co apoio do Goberno galego, se executen nos países prioritarios da cooperación galega, así como nas Oficinas Técnicas de Cooperación (OTC) dependentes da Axencia Española de Cooperación Internacional (AECI) e, por primeira vez, nas oficinas en terreo da Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO) e o Fondo de Desenvolvemento das Nacións Unidas para a Muller (UNIFEM). –Nova do 26 de novembro-