O Fondo é unha entidade plural que agrupa na actualidade a noventa e oito concellos e ás catro Deputacións Provinciais de Galicia, comprometidas coa idea de cooperar en Galicia para ser máis eficaces na cooperación con terceiros países
O FOGACOSOL, coa colaboración da Dirección Xeral de Cooperación Exterior, ten programada, a execución plurianual do “Plan de Sensibilización 2008-2009: o Local é global, construíndo redes de cooperación”.
Reputados expertos do eido académico e profesional vinculados a Cooperación para o Desenvolvemento, debaterán sobre os logros e os retos da loita contra a pobreza, con máis de oitenta participantes
Na súa intervención Sotelo definiu á Cooperación Galega coma nova, pero que optou “polo camiño difícil da esixencia e da eficiencia, facendo unha chamada constante á autocrítica”
O ministro de Produción e Microempresa de Bolivia, que foi recibido hoxe en San Caetano polo secretario xeral da Presidencia e a directora xeral de Cooperación Exterior, solicitou o asesoramento da Xunta para a creación de autonomías no país
A directora xeral de Cooperación Exterior destacou o compromiso firme do Goberno galego co desenvolvemento do país andino, plasmado nun total de 14 proxectos financiados por valor de 1’5 millóns de euros
Fabiola Sotelo sinalou que a colaboración con Bolivia ata 2010 centrase na cobertura das necesidades sociais básicas; a promoción do tecido económico e produtivo; e a redución das desigualdades e a exclusión social
Os núcleos prioritarios de actuación do Goberno galego en Bolivia serán os departamentos de La Paz, Santa Cruz e Potosí
Hoxe aprobouse no Consello de Goberno un convenio entre a Secretaría Xeral de Relacións Exteriores e o Goberno Municipal do Municipio de Samaipata (Bolivia), para a execución do proxecto de mellora da educación na Comunidade Bermejo, Florida (Santa Cruz), a Dirección Xeral de Cooperación Exterior aporta unha contía de 105.000 euros.
A directora xeral de Cooperación Exterior entrevistouse con dona Patricia Bustamante, presidenta do Centro de Capacitación e Servizo para a Integración da Muller de Bolivia.
O venres, o Ministro de Produción e Microempresa da República de Bolivia, Don Ángel G. Javier Hurtado, visitará Santiago e manterá diversos encontros institucionais no eido do desenvolvemento do tecido económico.
A subdirectora xeral de Cooperación Exterior, Carlota Román, lembrou que os Obxectivos do Desenvolvemento do Milenio "presentan metas concretas e tanxibles, lonxe dos grandes programas ambiciosos que moitas veces ficaron no eido das grandes intencións e os discursos baleiros."
A exposición, que estará na Biblioteca Municipal de Vedra ata o vindeiro mércores 25 de xuño en horario de 16h a 20h, consiste en 7 cubos onde se expoñen cada un dos obxectivos do milenio, con preguntas e cuestións para a súa reflexión.
Mulleres galegas representativas do mundo da política e da cultura, uníronse este sábado nunha peregrinación simbólica polas rúas de Santiago cargando cos colectores de auga cheos como os que levan as mulleres en Etiopía.
Seis ONGD galegas asinan un convenio coa Dirección Xeral de Cooperación Exterior para a execución dunha Iniciativa de Desenvolvemento Integral (IDI), dotada con 5,7 millóns de euros durante os vindeiros catro anos