Mellora da calidade educativa con pertinencia cultural e de xénero, para a garantía dos dereitos da nenez e a mocidade rural de 8 comunidades do Municipio de Champerico (Guatemala) – Fase III
O presente proxecto proponse fortalecer, como intervención complementaria e de continuidade, ás 2 intervencións previas desenvolvidas co apoio da Xunta de Galicia no municipio de Champerico, co obxectivo da “Mellora da calidade educativa con pertinencia cultural e de xénero, para a garantía dos dereitos da nenez e a mocidade do Municipio de Champerico (Guatemala), cuxa Fase I desenvolveuse en 2015 e a Fase II en 2016-2017, nas localidades del Rosario e Nova Cajolá, respectivamente. En consecuencia, esta intervención intégrase nunha estratexia máis ampla de actuación dirixida á promoción educativa de calidade na rexión, que impulsan as 4 entidades agrupadas ASF-PROYDE-PRODESSA-ASIAPRODI, polo que para a súa identificación, parte dos resultados das experiencias anteriores, pero tamén do diagnóstico educativo e de infraestruturas escolares realizado da rede de centros educativos na rexión costeira de Champerico e Retalhuleu elaborado a finais de 2016, de acordo coas demandas das autoridades e organizacións locais de continuidade dos procesos realizados
Proxecto de Desenvolvemento Santiago - PRODESSA
Obxectivo Xeral: Mellora da calidade educativa da nenez e a mocidade con pertinencia cultural e de xénero para o exercicio da cidadanía e a xeración dun pensamento crítico en estudantes de primaria e básico do Municipio de Champerico , Retalhuleu, Guatemala.
Obxectivo Específico: Garantir as condicións adecuadas para que as nenas e nenos de 10 establecementos públicos de nivel primario e básico de 8 comunidades do municipio de Champerico , Retalhuleu, accedan a unha educación de calidade con pertinencia cultural e de xénero
Resultado 1: Comunidade educativa, participa activamente, desde un enfoque de xénero e pertenza cultural, na xestión e operativización do proxecto Educativo Institucional, dos establecementos de educación básica das comunidades del Rosario e Nova Cajolá, municipio de Champerico , Retalhuleu.
A1.1: Actividades de preparación e seguimento
A1.2: Conformación de unha unidade Municipal de monitoreo pedagóxico, coa participación de CTA´s, directores e delegados municipais de educación.
A1.3 Implementación de programa de lectura con enfoque en valores (equidade de xénero, multilingüismo e interculturalidade, dereitos humanos e cultura de paz, ecoloxía e tecnoloxía para a vida) en Institutos de Educación Básica de El Rosario e Nueva Cajola.
A1.4 Aplicación de programa de formación docente para o fortalecemento pedagóxico para docentes dos INEB´s de El Rosario e Nueva Cajolá.
A1.5 Fortalecemento dos gobernos escolares dos INEB´s de El Rosario e Nueva Cajolá.
Resultado 2: Establecementos públicos de Educación primaria do municipio de Champerico, Retalhuleu, incorporaron, no seu deseño institucional e curricular e ás súas prácticas pedagóxicas, os enfoques de pertinencia cultural e de xénero.
A2.1: Planificación do modelo institucional da escola primaria
A2.2: Formación de pais e nais de familia de escolas Públicas de Educación Primaria do Municipio de Champerico .
A2.3: Organización do goberno escolar en escolas primarias participantes.
A2.4: Implementación de programa de lectura inicial, con énfase en valores (xénero, cultura de paz e interculturalidade)
A2.5: Implementación de programa de lectura con énfase en valores (xénero, cultura de paz e interculturalidade) nos graos de 2do. a 6to. Primaria das Escolas Públicas de educación Primaria participantes.
Resultado 3: Comunidade Educativa dos Establecementos de Educación pública de Champerico , Retalhuleu, formulan propostas para a mellora da calidade educativa e xestionan ante autoridades gobernamentais locais e nacionais.
A3.1: Actividades para o fortalecemento das capacidades de xestión na Comunidade Educativa do Municipio de Champerico , Retalhuleu
A3.2: Negociación e Cabildeo de Propostas de mellora educativa ante autoridades gobernamentais.
Resultado 4: Os/as alumnos/as e profesores/as da escola do Manchón dispoñen dunhas instalacións adecuadas ás necesidades educativas; deseñado baixo criterios de seguridade, hixiene, confort, xénero, pertinencia cultural e sustentabilidade ambiental
A4.1: Elaboración do proxecto de execución
A4.2: Xestións preliminares para a construción
A4.3: Deseño participativo dos espazos de recreo
A4.4: Execución e xestión da obra de construción e adecuación da contorna.
A4.5.: Dotación de mobiliario e equipo.
A4.6.: Formación sobre uso e mantemento da infraestrutura educativa
A4.7.: Entrega e inauguración da obra.
Resultado 5: O proxecto executouse adecuadamente, a partir de criterios de transparencia, seguimento e avaliación continua.
A5.1: Actividades de coordinación xeral e seguimento
A5.2: Actividades de avaliación.
A5.3: Taller final de sistematización da experiencia.
A5.4: Auditoría final do proxecto.
A5.5: Avaliación final do proxecto, con enfoque de xénero.
A5.6: Actividade de difusión en centros educativos de Galicia.
Directa: O número de persoas participantes é de 1.235, das cales 626 son mulleres e 609 homes. Destas cantidades 480 son nenas e 478 nenos. Deste total, 102 son alumnado de dous institutos (42 mulleres); 958 son alumnado de oito escolas de primaria (480 mulleres); 14 docentes de Secundaria (6 mulleres); 36 docentes de Primaria (16 mulleres); 50 nais e pais de familias de Secundaria (25 mulleres); 75 nais e pais de familias de Primaria (40 mulleres).
Indirecta: O número de persoas é de 7.791, das cales 2.221 son persoas adultas (1.124 mulleres e 1.070 homes); e 5.594 nenas/os (2.865 nenas e 2.729 nenos). Habitantes das 8 comunidades participantes, e sobre todo a construtores locais e mestres de obra; así como a Cooperativa B´eljuj Q´anil ao incrementar os seus beneficios, e polo persoal contratado.
224.990,00 € (2017: 89.996,00 €; 2018: 134.994,00 €)