Proxectos

Mellora da calidade educativa con pertinencia cultural e de xénero, para a garantía dos dereitos da nenez e a mocidade rural de 8 comunidades do Municipio de Champerico (Guatemala) – Fase III

O presente proxecto proponse fortalecer, como intervención complementaria e de continuidade, ás 2 intervencións previas desenvolvidas co apoio da Xunta de Galicia no municipio de Champerico, co obxectivo da “Mellora da calidade educativa con pertinencia cultural e de xénero, para a garantía dos dereitos da nenez e a mocidade do Municipio de Champerico  (Guatemala), cuxa Fase I desenvolveuse en 2015 e a Fase II en 2016-2017, nas localidades del Rosario e Nova Cajolá, respectivamente. En consecuencia, esta intervención intégrase nunha estratexia máis ampla de actuación dirixida á promoción educativa de calidade na rexión, que impulsan as 4 entidades agrupadas ASF-PROYDE-PRODESSA-ASIAPRODI, polo que para a súa identificación, parte dos resultados das experiencias anteriores, pero tamén do diagnóstico educativo e de infraestruturas escolares  realizado da rede de centros educativos na rexión costeira de Champerico  e Retalhuleu elaborado a finais de 2016, de acordo coas demandas das autoridades e organizacións locais de continuidade dos procesos realizados 

Ano: 
2017
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
GUATEMALA
Zona de actuación: 
Champerico (municipio)
Axentes: 
ARQUITECTOS SEN FRONTEIRAS
PROYDE - PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO
Contraparte: 

Proxecto de Desenvolvemento Santiago - PRODESSA

Código CRS: 
11220 - Educación primaria
11130 - Formación do profesorado
11120 - Servizos e instalacións educativas e formación
11110 - Política educativa e xestión administrativa
11320 - Educación secundaria
Obxectivos: 

Obxectivo Xeral: Mellora da calidade educativa da nenez e a mocidade con pertinencia cultural e de xénero para o exercicio da cidadanía e a xeración dun pensamento crítico en estudantes de primaria e básico do Municipio de Champerico , Retalhuleu, Guatemala.

Obxectivo Específico: Garantir as condicións adecuadas para que as nenas e nenos de 10 establecementos públicos de nivel primario e básico de 8 comunidades do municipio de Champerico , Retalhuleu, accedan a unha educación de calidade con pertinencia cultural e de xénero

Resultados e actividades: 

Resultado 1: Comunidade educativa, participa activamente, desde un enfoque de xénero e pertenza cultural, na xestión e operativización do proxecto Educativo Institucional, dos establecementos de educación básica das comunidades del Rosario e Nova Cajolá, municipio de Champerico , Retalhuleu.

A1.1: Actividades de preparación e seguimento

A1.2: Conformación de unha unidade Municipal de monitoreo pedagóxico, coa participación de CTA´s, directores e delegados municipais de educación.

A1.3 Implementación de programa de lectura con enfoque en valores (equidade de xénero, multilingüismo e interculturalidade, dereitos humanos e cultura de paz, ecoloxía e tecnoloxía para a vida) en Institutos de Educación Básica de El Rosario e Nueva Cajola.

A1.4 Aplicación de programa de formación docente para o fortalecemento pedagóxico para docentes dos INEB´s de El Rosario e Nueva Cajolá.

A1.5 Fortalecemento dos gobernos escolares dos INEB´s de El Rosario e Nueva Cajolá.

Resultado 2: Establecementos públicos de Educación primaria do municipio de Champerico, Retalhuleu, incorporaron, no seu deseño institucional e curricular e ás súas prácticas pedagóxicas, os enfoques de pertinencia cultural e de xénero.

A2.1: Planificación do modelo institucional da escola primaria

A2.2: Formación de pais e nais de familia de escolas Públicas de Educación Primaria do Municipio de Champerico .

A2.3: Organización do goberno escolar en escolas primarias participantes.

A2.4: Implementación de programa de lectura inicial, con énfase en valores (xénero, cultura de paz e interculturalidade)

A2.5: Implementación de programa de lectura con énfase en valores (xénero, cultura de paz e interculturalidade) nos graos de 2do. a 6to. Primaria das Escolas Públicas de educación Primaria participantes.

Resultado 3: Comunidade Educativa dos Establecementos de Educación pública de Champerico , Retalhuleu, formulan propostas para a mellora da calidade educativa e xestionan ante autoridades gobernamentais locais e nacionais.

A3.1: Actividades para o fortalecemento das capacidades de xestión na Comunidade Educativa do Municipio de Champerico , Retalhuleu

A3.2: Negociación e Cabildeo de Propostas de mellora educativa ante autoridades gobernamentais.

Resultado 4: Os/as alumnos/as e profesores/as da escola do Manchón dispoñen dunhas instalacións adecuadas ás necesidades educativas; deseñado baixo criterios de seguridade, hixiene, confort, xénero, pertinencia cultural e sustentabilidade ambiental

A4.1: Elaboración do proxecto de execución

A4.2: Xestións preliminares para a construción

A4.3: Deseño participativo dos espazos de recreo

A4.4: Execución e xestión da obra de construción e adecuación da contorna.

A4.5.: Dotación de mobiliario e equipo.

A4.6.: Formación sobre uso e mantemento da infraestrutura educativa

A4.7.: Entrega e inauguración da obra.

Resultado 5: O proxecto executouse adecuadamente, a partir de criterios de transparencia, seguimento e avaliación continua.

A5.1: Actividades de coordinación xeral e seguimento

A5.2: Actividades de avaliación.

A5.3: Taller final de sistematización da experiencia.

A5.4: Auditoría final do proxecto.

A5.5: Avaliación final do proxecto, con enfoque de xénero.

A5.6: Actividade de difusión en centros educativos de Galicia.

Poboación beneficiaria: 

Directa: O número de persoas participantes é de 1.235, das cales 626 son mulleres e 609 homes. Destas cantidades 480 son nenas e 478 nenos. Deste total, 102 son alumnado de dous institutos (42 mulleres); 958 son alumnado de oito escolas de primaria (480 mulleres); 14 docentes de Secundaria (6 mulleres); 36 docentes de Primaria (16 mulleres); 50 nais e pais de familias de Secundaria (25 mulleres);  75 nais e pais de familias de Primaria (40 mulleres).

Indirecta: O número de persoas é de 7.791, das cales 2.221 son persoas adultas (1.124 mulleres e 1.070 homes); e 5.594 nenas/os (2.865 nenas e 2.729 nenos). Habitantes das 8 comunidades participantes, e sobre todo a construtores locais e mestres de obra; así como a Cooperativa B´eljuj Q´anil ao incrementar os seus beneficios, e polo persoal contratado.

Axudas: 

224.990,00 € (2017: 89.996,00 €; 2018: 134.994,00 €)