Novas de Cooperación Galega
07/10/2020
Xeral

Publicación do Informe de avaliación intermedia do IV Plan director da cooperación galega 2018-2021, do Informe de avaliación ex post dos proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global subvencionados no período 2010-2017 e do Informe de avaliación do programa de bolsas de formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento

O IV Plan director da cooperación galega 2018-2021 estableceu como un dos seus resultados de xestión o acceso da cidadanía galega a información de calidade sobre os logros colectivos na consecución dos ODS, facilitando o acceso público a toda información sobre as actividades realizadas. Ademais, o IV Plan director establece como liña de acción a necesidade de reforzar a cultura de avaliación e aprendizaxe colectiva no conxunto de axentes e actores, a través da apertura de espazos para o intercambio de coñecementos, boas prácticas e resultados, promovendo a celebración de encontros de socialización, presentación de resultados e rendición de contas.

Se ben todos estes procesos avaliativos téñense desenvolto a través dunha metodoloxía participativa, nestes momentos por causa do COVID-19 non se ve oportuna a realización de eventos presenciais de presentación de resultados, pero quérese garantir a súa accesibilidade pública e divulgación de cara á rendición de contas, a través da súa publicación nesta web.