Outras novas
14/06/2017

Conferencia de Mireille Twayigira "De refuxiada ruandesa a doutora médica en Malawi"

Salón de Graos. Facultade de Ciencias Políticas (Campus Sur)

Santiago de Compostela

Hoxe ten 25 anos e é licenciada en Medicina. Só con dous anos comezou unha interminable fuxida sen tregua por diferentes campos de refuxiados de África escapando do xenocidio de Ruanda, o seu país natal. Ao seu pai matárono. A súa nai morreu nun campo de refuxiados. Ela sobreviviu e tivo a oportunidade de estudar, demostrando a súa brillantez académica a pesar das dificultades. Hoxe traballa como médica no hospital Queen Elisabeth no campo de refuxiados de Dzaleka, Malawi. O seu obxectivo é axudar a quen, como ela, sofre a terrible situación de verse obrigados a abandonar os seus países.

“A miña vida non é unha historia tráxica”, di Mireille. A súa historia é unha luz de esperanza no medio da desesperanza dun campo de refuxiados. Contaranos a súa historia en primeira persoa, unha historia que fala de dor e de esperanza.

20 de xuño: Día Mundial das Persoas Refuxiadas