Outras novas
20/03/2019
Outras novas

Convocatoria do XVII Premio Internacional "Navarra" á Solidariedade

O Goberno de Navarra e Laboral Kutxa convocan o XVII Premio Internacional "Navarra" á Solidariedade, que ten por obxecto destacar e recoñecer a tarefa levada a cabo por aquelas institucións, organizacións non gobernamentais e persoas físicas que destacasen pola súa traxectoria no ámbito da Cooperación Internacional ao Desenvolvemento, en especial na contribución á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable.

O prazo para a presentación de candidaturas remata o 17 de maio de 2019.

Máis información nas bases que figuran a continuación.