A través deste curso, que xa vai pola súa décima edición na USC, perséguese amosar unha visión global das causas e consecuencias da pobreza e da desigualdade no mundo e a necesidade de xuntar esforzos e adquirir un compromiso activo para poder combater esas situacións. Asimismo, estas xornadas insisten na importancia de pór a tecnoloxía e a enxeñería ao servizo do desenvolvemento das persoas en todo o mundo, inseparablemente do entorno cultural, político, social, económico e ambiental en que se empregan.