O Goberno de España dispuxo distintos espazos e canles específicas para facilitar a participación da sociedade civil e de todos os actores na 25ª Conferencia de las Partes de la Convención Marco de Naciones Unidas sobre el Cambio Climático (COP25)
Achégase nota de prensa da Fundación Balms para la Infancia sobre o seminario 'Impacto da capacitación técnico profesional para o acceso ao emprego', celebrado o pasado 8 de outubro en Santiago de los Caballeros (República Dominicana).
Convocatorias de prazas de Coordinadores/as Xerais da Cooperación Española, Directores/as de Centros Culturais e Directores/as de Centros de Formación nas Unidades no exterior da AECID.
Achégase nota de prensa do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade sobre o II Concurso de murais arredor dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible 'Muros que unen', organizado polo propio Fondo Galego co financiamento do Concello da Coruña.
Os Premios Consello Social_UVigoHumana teñen por obxecto o recoñecemento por parte da Universidade de Vigo e do Consello Social ao labor desenvolvido por persoas físicas, institucións e organizacións non gobernamentais tanto galegas como internacionais que teñan sobresaído pola súa traxectoria en calquera ámbito vencellado coa solidariedade e a cooperación.
Concederanse dous premios, un a nivel galego e outro a nivel internacional.
Achégase nota de prensa do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade sobre a estadía dun técnico da Asociación Nacional de Municipios de Mozambique nos concellos de Burela, Cabanas, Outes e Moaña.
Achégase nota informativa do Campus do Mar sobre o programa de misión / práctica / estancias en empresas, no marco do proxecto "Transferencia e emprendemento marino en Cabo Verde como estratexia de crecemento de emprego e desenvolvemento económico, social e ambiental. EMPRENDER EN AZUL".