Desde Enxeñería Sen Fronteiras invitan ás Xornadas “É neutral a tecnoloxía? As múltiples caras do feito tecnolóxico", que terán lugar o vindeiro 22 de novembro no Salón de Actos da Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela. Ademais, por esas datas haberá diversos obradoiros en distintas cidades galegas, vinculados á temática da soberanía tecnolóxica e aos movementos "faino tí mesma".