Nela infórmase sobre a nenez en movemento e as consecuencias que sofren os menores en países en conflito. Esta mostra conta coa colaboración dos fotógrafos Marcos Martínez e Marcos Cenamor, cedendo imaxes para a campaña, froito do seu traballo e experiencia en países de África, captando a visión positiva da realidade da infancia, moitas veces distorsionada pola secuela do tráfico de nenos.