O Seminario Galego de Educación para a Paz nos comunica que o vindeiro día 23 de Abril, Mércores, estará en Galicia (Santiago e Ourense) o profesor, D. FEDERICO MAYOR ZARAGOZA, ex- director xeral da UNESCO e, na actualidade, Presidente da Fundación Cultura de Paz.
Pola mañán, haberá ás 11:00 unha reunión coa Cátedra UNESCO de Cultura de Paz e Dereitos Humanos da USC da que é Presidente de Honra e ás 12:00 unha Conferencia seguida de Coloquio na Facultade de Educación, no Campus Sur. A entrada é libre ate completar o aforo.