Outras novas

  • 27/02/2014
    Outras novas

    O próximo día 16 de Marzo a ONG ''Tierra de Hombres'' celebrará, no Auditorio Gabriel Márquez de Mera, un Concerto Solidario por parte da Banda da Escola de Música do Concello de Oleiros. Presentará o acto o actor Simón Igrexas.

  • 26/02/2014
    Outras novas

    - O grupo coruñés afondará no emprego de ferramentas artísticas para a transformación social con mulleres saharauís, entre outras iniciativas
    - A entrevista online encádrase no ciclo #Alén2015 terá lugar o venres 28 de 12 a 14 horas a través dos perfís de Facebook e Twitter da entidade municipalista

     

  • 24/02/2014
    Outras novas

    A beneficio da Fundación Jóvenes y Desarrollo e do proxecto "Promoción da muller indíxena" (Dpto. Alta Verapaz / Municipios de San Pedro Carchá e San Pablo Chisec - Guatemala). Presentado pola actriz e xornalista Genma Pardo, contará coa participación e colaboración dos coruñeses César De Centi (cantautor) e do grupo folk Tiruleque.

  • 18/02/2014
    Outras novas

    DHabitat é un proxecto de Educación para o Desenvolvemento, que nace na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña en consorcio coa asociación Arquitectos Sen Fronteiras e co apoio económico da Xunta de Galicia.
    Entre as actividades formativas e de sensibilización que forman parte do proxecto, inclúese a organización dun curso impartido en liña, titulado "Hábitat a Escala Humana". Este curso deseñouse por Arquitectos Sen Fronteiras, sendo os materiais docentes realizados por destacados profesionais a nivel internacional.
     

  • 18/02/2014
    Outras novas

    Horario da exposición:

    Do 20 de febreiro ao 12 de marzo.Luns e Venres de 12 a 14 e Sábados de 12 a 14 e de 17 a 21

  • 18/02/2014
    Outras novas

    Café-faladoiro: “A estrutura familiar en Turquía”
    Presentado por: Alumnado da Universidade Marmara University de Istambul. Turquía
    Coordina: Alumnado en prácticas de Educación Social e Pedagoxía da USC.
     

  • 17/02/2014
    Outras novas

    Organizado por Hegoa – Instituto de Estudios sobre Desarrollo y Cooperación Internacional de la Universidad del País Vasco UPV/EHU. O Congreso realizarase durante os días 9, 10 y 11 de outubro de 2014, no Pazo de Congresos Europa, en Vitoria-Gasteiz.

  • 17/02/2014
    Outras novas

    Guinea Bissau é un dos países máis pobres do mundo: un 65% da poboación vive baixo o limiar da pobreza, 22.000 persoas están infectadas polo virus da SIDA e o goberno non é, neste momento, capaz de facer fronte as necesidades da poboación. Por elo, a ONG Aida, Axuda, Intercambio e Desenvolvemento (AIDA), con financiamento da Cooperación Galega, puxo en marcha un proxecto de apoio ao Plan Nacional de Loita contra a SIDA que en algo máis dun ano deu asistencia a case 4000 persoas e conseguiu frear notablemente o contaxio, sobre todo a través do parto.
     

  • 13/02/2014
    Outras novas

    - O proxecto que se está a executar coa ONG Cordes na rexión do Bajo Lempa pon de relevo a contribución deste medio ao desenvolvemento dos pobos
    - No Día Mundial da Radio faise pública esta iniciativa que contempla asemade materiais e capacitacións para diminuír o impacto das catástrofes naturais

  • 06/02/2014
    Outras novas

    - O convenio reafirma o papel da administración local como espazo para fomentar a cooperación con outros territorios.
    - Rey Varela: “A crise non pode servir de escusa para deixar de apoiar a quen máis o seguen necesitando”
    - Teresa París: “O sistema de cotas permite a os municipios, grandes e pequenos, contribuír á erradicación da pobreza extrema”