Achégase nota informativa do Campus do Mar sobre o programa de misión / práctica / estancias en empresas, no marco do proxecto "Transferencia e emprendemento marino en Cabo Verde como estratexia de crecemento de emprego e desenvolvemento económico, social e ambiental. EMPRENDER EN AZUL".
Achégase nota de prensa do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade sobre o persoal de tres concellos que se desprazará a Mozambique e Cabo Verde no marco do programa Vacacións con Traballo.
O pasado venres 24 de maio inaugurouse unha exposición colectiva na Casa de Arte de Santiago de los Caballeros na que os nenos, nenas e mozas que asisten normalmente ás clases da Escola de Arte e Tempo Libre Mauro Lorenzo do Barrio Santa Lucía puideron mostrar o seu talento como artistas e o traballo realizado nestes meses de ensaios e clases.
Ao acto acudiron representantes das principais asociacións do barrio, así como das ONGDs e centros educativos, a Xunta de Galicia e un cento de nenos e nenas do Barrio de Santa Lucía.
Achégase nota de prensa sobre o proxecto financiado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade á ONGD Asemblea de Cooperación pola Paz para garantir o acceso á auga nunha localidade de Guinea-Bissau. O proxecto incorporaba un obradoiro de introdución á fotografía para as veciñas cuxo resultado pode verse na exposición ‘Mindjer di Guiné’, que desde esta fin de semana se amosa no Concello de Vilasantar, coincidindo co Día de África.
Achégase nota de prensa do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade sobre a contribución destinada a Mozambique para paliar a emerxencia xerada tras o paso do devastador ciclón Idai.
Achégase nota de prensa do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade sobre o espectáculo 'Catro monos' de Tropa de Trapo, que inicia en Muros a xira por concellos socios do Fondo Galego.
Achégase nota de prensa da Fundación Taller de Solidaridad en relación ao proxecto Adestro Conciencia, con motivo da celebración, o vindeiro 6 de abril, do Día Internacional do Deporte para o Desenvolvemento e a Paz.
Achégase nota de prensa da Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO) sobre a visita de activistas na defensa do colectivo LGTBI no Salvador, no marco do proxecto Cooperación Galega: O mundo que queremos.