No encontro tamén participaron o presidente da Conferencia Eurocentroamericana, David Balsa, e a directora xeral de Cooperación Exterior, Fabiola Sotelo
Tanto a embaixadora de Haití en España coma o presidente da Conferencia Eurocentroamericana trasladáronlle a Pérez Touriño o seu agradecemento polo reforzo da cooperación de Galicia con Centroamérica e o Caribe durante esta lexislatura
A axuda galega a Haití medrou de 20.000 euros no período 2003-2005 a 607.693 euros no período 2006-2008
Segundo lle comunicou o presidente da Conferencia Eurocentroamericana a Pérez Touriño, os investimentos galegos en Centroamérica empezan a dar resultados en sectores como o turístico e o pesqueiro
Mozambique é o segundo país africano que recibiu máis Axuda Oficial ao Desenvolvemento nesta lexislatura da Cooperación Galega
Na actualidade atópase en fase de identificación no país un dos programas máis ambiciosos da Cooperación Galega centrado en abastecemento e saneamento de auga
A Dirección Xeral de Cooperación Exterior ten vixentes 6 proxectos de cooperación en Bolivia.
Bolivia é o segundo país de América do Sur que recibiu máis apoio económico da DXCE no 2008: o 8,17% sobre o total do presuposto para terreo, 766.535,00 euros
O combate á pobreza e á exclusión é clave para a cooperación galega en Bolivia, onde desenvolve proxectos educativos, de infraestrutura sanitaria básica, fortalecemento institucional e enerxía solar