Noticias de Cooperación Galega

  • 12/01/2009
    Xeral
    • A rede participará como tal na Comisión de Traballo sobre Comercio Xusto posta en marcha pola Dirección Xeral de Cooperación Exterior.
  • 08/01/2009
    Xeral
    • Dende o ano 2001 a Campaña Mundial pola Educación organiza durante a última semana de abril  a Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME)
    • A dirección xeral de Cooperación Exterior destinou no 2008 un 13,85% dos seus fondos de axuda ao desenvolvemento ao apoio a educación básica nos países prioritarios da Cooperación Galega.
  • 30/12/2008
    Xeral
    •  En breve publicarase a resolución de convocatoria no DOG que abrirá prazo dun mes para a presentación de solicitudes
    •  As axudas canalizaranse a través de tres liñas ás que poderán optar as entidades inscritas no Rexistro Galego de Axentes de Cooperación
    • Un total de 3.800.000 euros dedicaranse a proxectos de cooperación no exterior levados a cabo tanto por ONGD como por outros axentes de cooperación.
    • O goberno destina 400.000 euros para proxectos que teñan como obxectivo sensibilizar á sociedade galega sobre as causas da pobreza, e 250.000 euros para o fortalecemento de ONGD.
    •  Poderanse presentar proxectos iniciados a partir do 2 de xaneiro de 2009.
  • 29/12/2008
    Xeral
    • Máis de 200 centros escolares e preto de 8.000 nenos e nenas participaron nas actividades lúdicas i educativas desta iniciativa de sensibilización cidadá
    • Poñer o Ser Humano no centro foi unha das claves para achegárense a lugares e culturas tan distantes
  • 15/12/2008
    Xeral
    • O proxecto “Fortalecemento do sector saúde” aspira a mellorar as condicións de vida e saúde da poboación en Guinea-Bissau, sector e pais prioritarios para a Cooperación Galega.
    • Un grupo de dez profesionais do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago participan nesta iniciativa e impartirán cursos que axudarán a mellorar a formación e a motivación dos profesionais sanitarios guineanos. 
  • 11/12/2008
    Xeral
    • O Consello de Goberno da Xunta aprobou un convenio dotado con 27.165 euros e que promove transferencias de coñecemento que inducen á innovación e ao cambio técnico nos países receptores da cooperación galega, coadxuvando desta forma ó seu crecemento económico duradeiro. 
  • 10/12/2008
    Xeral

    • O secretario xeral de Relacións Exteriores e a directora xeral de Cooperación Exterior participaron no acto, que se desenvolveu onte á tarde na cidade de Pontevedra• Na videoconferencia, realizada no Café Moderno de Pontevedra, cooperantes galegas en 6 países trasladaron o seu esforzo e traballo cotián na coordinación de programas e seguimento de proxectos.

  • 03/12/2008
    Xeral
    • A Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade entregou hoxe os Premios á Solidariedade en Galicia 2008 a cinco entidades representativas do tecido da acción voluntaria en recoñecemento ao seu labor de promoción e execución da acción voluntaria nos ámbitos de sensibilización e difusión, proxectos innovadores e desenvolvemento sustentable e/ou comunitario
    • A directora xeral de Cooperación Exterior, Fabiola Sotelo, entregou o premio adicado ao eido do desenvolvemento sostible e ou comunitario a título póstumo ao cooperante galego Nacho Salgado, falecido recentemente en Perú.
  • 01/12/2008
    Xeral
    • A semana pasada Galicia acolleu a visita de Maidah Zeinabou, directora executiva de Niger Lait, a primeira empresa leiteira do país africano, co obxectivo de atopar posibilidades de transferencia de know how.
    • Esta iniciativa xurdiu despois dunha visita da Cooperación Galega a Níxer e conta coa colaboración da Dirección Xeral de Cooperación Exterior e a AECID.
  • 30/11/2008
    Xeral
    • Na África Subsahariana atópanse dous de cada tres enfermos no caso dos adultos, e o 90% dos nenos e nenas infectados pola VIH
    • Guinea Bissau e Mozambique son os países prioritarios onde a Cooperación Galega traballa máis fondamente coa enfermidade