Noticias de Cooperación Galega

  • 06/03/2009
    Xeral
    • A Dirección Xeral de Cooperación Exterior desenvolve en Guatemala o seu programa integral máis ambicioso, con 20.000 beneficiarios directos e unha asignación orzamentaria inicial de 5.6 millóns de euros
    • Nesta actuación integral participan a DXCE da Xunta de Galicia, ONGD galegas, contrapartes locais e 2 gobernos municipais
    • A potenciación das sinerxías, a coordinación e a focalización de esforzos é unha das principais metas da cooperación galega en Guatemala
  • 26/02/2009
    Xeral
    • Futuros profesionais da rama sanitaria e de comercio coñecerán de primeira man a actividade desenvolta polas administracións e organizacións de Galicia na loita contra a pobreza
    • A colaboración entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Dirección Xeral de Cooperación Exterior suma unha nova sinerxía aos esforzos de sensibilización e educación para o desenvolvemento
       
  • 19/02/2009
    Xeral
    • Guinea Bissau é o primeiro país de destino da axuda oficial ao desenvolvemento galega no ano 2008
    • Na actualidade están vixentes dous programas e tres proxectos da cooperación galega no país africano 
    • O desenvolvemento produtivo, a saúde e a educación centran os esforzos da cooperación galega en Guinea Bissau
  • 18/02/2009
    Xeral
    • Perú é o primeiro país de destino da axuda oficial ao desenvolvemento galega no período 2006-2008
    • O Plan de actuación país da cooperación galega en Perú para 2008-2010 focaliza os esforzos en tres zonas específicas
    • As ONGD que reciben financiamento galego para traballar en Perú contan con ampla experiencia no país, e inciden especialmente nos sectores de fortalecemento da sociedade civil, educación, tecido produtivo e equidade de xénero
  • 09/02/2009
    Xeral
    • Trátase do proxecto de “Instalación solar mixta térmica e fotovoltaica en  Senkata-el Alto – Bolivia”, financiado pola cooperación galega e executado pola USC.
    • Esta mañá a Directora Xeral de Cooperación Exterior recibiu á Decana da Facultade de Físicas, e a alumnos do Máster en Enerxías Renovables e Sostibilidade Enerxética que participaron no proxecto.
  • 03/02/2009
    Xeral

    Galegos e Senegaleses únense para traballar en accións de Codesenvolvemento

    •  A Iniciativa Piloto de Codesenvolvemento impulsada pola Xunta de Galicia, conta coa participación da colectividade senegalesa e ONG.
    •  Concrétase en accións de fortalecemento das asociacións senegalesas en Galicia e nun proxecto de desenvolvemento produtivo na vila senegalesa de Diama Alwaly.
  • 02/02/2009
    Xeral
    • A Comisión Interterritorial de Cooperación para o Desenvolvemento reúne aos representantes das Comunidades Autónomas, dos Concellos e Deputacións con iniciativa na materia
    • O Terceiro Plan Director, dividido en 14 capítulos recolle as estratexias da cooperación para o desenvolvemento estatal para os vindeiros catro anos
    • O proceso de consultas comezou no outono recibindo a meirande parte dos aportes de Navarra, Cataluña e Galicia

     

  • 28/01/2009
    Xeral
    •  Xa está dispoñible na web da Cooperación Galega o Informe 2008 de actuacións en materia de Cooperación para o Desenvolvemento
    • O Informe 2008 recolle as 128 actuacións da Xunta de Galicia nos países e sectores prioritarios de actuación
  • 20/01/2009
    Xeral
    • Un total de 3.800.000 euros dedicaranse a proxectos de cooperación no exterior levados a cabo tanto por ONGD como por outros axentes de cooperación.
    • O goberno destina 400.000 euros para proxectos que teñan como obxectivo sensibilizar á sociedade galega sobre as causas da pobreza, e 250.000 euros para o fortalecemento de ONGD.
    • As axudas canalizaranse a través de tres liñas ás que poderán optar as entidades inscritas no Rexistro Galego de Axentes de Cooperación.
    • Poderanse presentar proxectos iniciados a partir do 2 de xaneiro de 2009.
  • 13/01/2009
    Xeral
    • O Concello de Santiago de Compostela colaborará economicamente na recuperación do barrio de Santa Lucía, en Santiago de los Caballeros
    • O fundamental aporte do Concello de Santiago de Compostela, incidirá especialmente na liña de Auga, Saneamento e Habitabilidade executada por ACPP