Outras novas

  • 10/12/2006
    Outras novas

    O economista bangaldeshí Muhammad Yunus recibeu esta fin de semana o Premio Nobel da Paz, que recoñece a sua labor para loitar contra a pobreza mediante microcréditos. Yunus recordou que acabar coa pobreza é posibel con vontade política 

    Yunnus afirmou que "a paz está ameazada pola inxustiza do sistema económico, social e político, pola ausencia de democracia, polo deterioro medioambiental e polas violacións dos dereitos humanos"

  • 03/12/2006
    Outras novas

    Campaña de Médicos sen Fronteiras na luita contra a Sida. Levan anos loitando para gañarlle terreo á SIDA proporcionando terapia antirretroviral a aquelas persoas que non teñen acceso ao tratamento

  • 30/11/2006
    Outras novas

    En Sudáfrica e a India, ONG colaboran con gobernos e poboación para desenvolver unha vacina preventiva contra a sida. Tamén en países como Venezuela emprendores sociais impulsan ideas innovadoras para combair este enfermidade 

  • 26/11/2006
    Outras novas

    Preto de 150 nenas e nenos de educación primaria do colexio Cabo da Area e das escolas unitarias de Laxe, participaron onte, por segundo ano consecutivo, nas Mañás interculturais organizadas pola ONG Solidariedade Internacional de Galicia

  • 20/11/2006
    Outras novas

    As administracións públicas consumen a diario produtos e bens que, en volumen de compra, representan o 16% do PIB da Unión Europea. Por este motivo, ONG de comercio xusto piden aos gobernos que aposten por unha compra pública ética

  • 20/11/2006
    Outras novas

    A ONU, a Unión Africana e o Goberno de Sudán acordaron impulsar unha forza de paz que estabilice a rexión e protexa á poboación. ONG piden que se aplique con urxencia e alertan do deterioro da situación humanitaria

  • 19/11/2006
    Outras novas

    Por terceiro ano consecutivo, o Fondo Galego convoca as Xornadas Anuais de Cooperación, o 22 de novembro no Centro Sociocultural de Fontiñas en Santiago de Compostela.

    O obxectivo é o de constituírse como un espazo de encontro anual entre os distintos actores que inciden na cooperación ao desenvolvemento que se realiza dende Galiza.

  • 13/11/2006
    Outras novas

    A Cumbre Climática quere elaborar compromisos futuros trala finalización do Protocolo de Kioto Ata o 17 de novembro, representantes de 189 países reúnense en Kenia na Conferencia sobre Cambio Climático. ONG piden aos países desenvolvidos que actúen xa contra este fenómeno que produce o quecemento do planeta

  • 12/11/2006
    Outras novas

    No seu Informe de Desenvolvemento Humano, a axencia da ONU advirte que moitas persoas viven con menos de 5 litros de auga ao día que, ademáis, está contaminada. O texto engade que a esperanza de vida en África subsahariana descendeu

  • 12/11/2006
    Outras novas

    Cerca de 416 millóns das persoas máis pobres de todo o mundo teñen uns ingresos totais parecidos aos que reciben as 500 máis ricas, segundo o Programa de Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD)