Outras novas

  • 01/03/2007
    Outras novas

    Dez anos depois do Tratado de Otawa contra as minas antipersoa, o Foro da Sociedade Civil reuniuse en Oslo para tratar de conquerir un acordo internacional contra as bombas de dispersión

  • 01/03/2007
    Outras novas

    Membros do Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD) e o Banco Mundial (BM) admiten fallas institucionais e apostan pola xestión da poboación beneficiaria. 

     Persoas expertas participantes no Congreso Internacional "Fortalecemento Institucional e Desenvolvemento" apontan a un modelo de institucións e proxectos nos que a poboación beneficiaria planifique, desenvolvane xestione os fondos

  • 27/02/2007
    Outras novas

    O encontro remata cunha declaración que resume as demandas conxuntas na loita, estratexias de traballo e unha denuncia ao sistema imperialista 

  • 25/02/2007
    Outras novas

    O Congreso está elaborando a Lei de Contratos do Sector Público e, por primeria vez, menciona ao comercio xusto no seu preámbulo. A Coordinadora de Comercio Xusto reclama que se incorpore ademáis no articulado e defina os seus criterios

  • 25/02/2007
    Outras novas

    Varias ONGs denuncian esta realidade nun estudo que revela que o acceso a medicamentos xenéricos salvaría a 55 millons da cegueira na próxima década. O 90% das persoas afectadas pola cegueira viven en países empobrecidos. 

  • 22/02/2007
    Outras novas

    Novartis interpuxo unha demanda contra a Lei India de Patentes depois de rechazarlle a patente para un dos seus medicamentos contra o cancro. Si vai adiante esta demanda, cuia segunda vista estase celebrando nestes días, as consecuencias para o acceso a medicamentos nos países en desenvolvemento do mundo poderían ser catastróficas

  • 20/02/2007
    Outras novas

    As organizacións de Mali quixeron bautizar o Foro Mundial sobre a Soberanía Alimentaria, que se celebrará do 23 ao 27 de febreiro,  cun nome significativo para o campesiñado do seu país. Escolleron Nyéléni 2007. 

    "En Mali hai un símbolo moi poderoso que podería ser o símbolo da soberanía alimentaria. É unha muller que entrou na historia de Mali como muller e como gran agricultora. Cando se dí o seu nome, todo o mundo sabe o que representa. Nai nodriza, nai agricultora, loitou para afirmarse como muller nun entorno que non lle era favorabel. Esta muller chamábase Nyéléni. Se usamos este símbolo en Mali todo o mundo saberá que é unha loita pola alimentación, unha loita pola soberanía alimentaria" 

  • 20/02/2007
    Outras novas

    Un encontro reúne a sindicatos, asociacións de consumidores, Setem e IO com empresas do sector 'textil. As organizacións sociais piden ao sector téxtil que respecte as normas interncionais e aseguren os dereitos laborais, sobre todo para esas persoas que viven nos "países de baixo custe".Mentres unhas persoas discuten de cores, a calidade do corte das prendas e rendabilidade; outras pesoas recordan que o 70% das prendas de vestir se fabrican en países en vías de desenvolvemento e máis do 40% das prendas que se venden no Estado Español fabrícanse en países onde non se respectan os dereitos laborais internacionais.

  • 08/02/2007
    Outras novas

    Unha reportaxe rodada en Kenia, Uganda e Rwanda. Persoas expertas en desenvolvemento sosteñen que a muller africana é a espiña dorsal do Continente. Trballan o campo, van vender ao mercado; coidan o fogar, educan ás nenas e nenos e atenden ás persoas maiores, o que inmediatamente chama a atención son os camiños cheos de xente que va dun lado a outro. E sobre todo, ves ás mulleres levando pesados cargamentos sobre a súa cabeza, sobre as súas costas. A muller é a persoa que menos dereitos ten e a primeira vítima nos conflitos.

  • 07/02/2007
    Outras novas

    Solidariedade Internacional de Galicia e Solidariedade Galega continuan coa campaña de sensibilización Iguais no 2015. Campaña que ten como finalidade dar a coñecer o terceiro obxectivo do milenio Promover a igualdade entre mulleres e homes e fortalecer a posición das mulleres