Outras novas

  • 01/02/2007
    Outras novas

    Solidariedade Internacional de Galicicia lanza en vinte centros comerciais de toda a comunidade esta orixinal campaña para o financiamento dun proxecto de construción de sistemas de auga no Valle do Cauca (Colombia). Instalaranse stands nos principais centros comerciais onde membros de Solidariedade Intenacional venden uns orixinais monecos con forma de gota de auga. A campaña prolongarase ata o 15 de abril.

  • 31/01/2007
    Outras novas

    Organizacións escoloxistas están convocando á cidadanía a CINCO MINUTOS DE APAGON: Debemos apagar todas as luces, aparatos e dispositivos eléctricos entre as 19:55 h. e as 20:00 h. para chamar a atención a outras persoas, medios de comunicación e á clase política sobre o consumo diario de enerxía. Unha acción de CINCO MINUTOS, que non nos custa nada, pero que pode amosar á clase política que o cambio climático dee estar entre as prioridades das súas axendas.

  • 29/01/2007
    Outras novas

    As persoas participantes no Foro Social Mundial falan en varios vídeos   

  • 29/01/2007
    Outras novas

    Documental na TV2 sobre explotación infantil.

    Máis información: prema aquí

  • 28/01/2007
    Outras novas

    A Media Lúa Vermella saharauí lanzou un chamamento "urxente", o terceiro en tres meses, ás organizacións e gobernos internacionais e á sociedade en xeral. Dito chamamento prodúcese despois de que a reserva de seguridade  se esgotara en outubro de 2006, mentres que a "a pouca axuda que chegou ata o momento non é suficiente para cubrir o mínimo das necesidades esenciais de miles de mulleres, nenas e nenos", que dependen case por completo da axuda humanitaria internacional.

  • 25/01/2007
    Outras novas

    Oganizacións campesiñas de Colombia, acompañadas pola entidade de brigadistas IPO, denuncian a violencoa do conflito na zona rural e o bloqueo económico, as desaparicións e a falta de dereitos que vive a poboación civil. 

  • 23/01/2007
    Outras novas

    Artigo escrito dende Nairobi por Iolanda Fresnillo, investigadora do Observatorio da Débeda na Globalización. Nel fai un repaso do ocorrido no Foro Social Mundial.

  • 22/01/2007
    Outras novas

    Hoxe, 23 de xaneiro de 2007  ás 16:00 horas, Vanesa Valiño, directora do Observatorio DESC (Observatorio para os Dereitos Económicos, Sociais e Culturais), falará en directo dende Nairobi. Nesta entrevista poderá explicar o ambiente quer se vive neste tipo de encontros e os temas que máis preocupan ás ONG e entidades reunidas en Kenia.

  • 15/01/2007
    Outras novas

    O acordo entre o Goberno español e a ONU ten como obxectivo apoiar unha nova institución, o Fondo das Nacións Unidas para o Logro dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM), creado o pasado mes de decembro

  • 14/01/2007
    Outras novas

    Dende hai anos, en Guatemala, Chiapas, O Salvador e Nicaragua funcionan experencias organizativas que xurdiron da poboación e que, a pesar das dificuldades, acadaron éxitos importantes