O goberno noruego cancelou sen condicións e de xeito unilateral a débeda a Ecuador, Perú, Egipto, Jamaica e Sierra Leona, por considerala ilexítima. A razón, segundo o goberno, é o fracaso destes préstamos que, no seu momento, considerou Axuda Oficial ao Desenvolvemento, pero que en realidade serviu para ampliar as inversións no exterior e careceu dunha avaliación de necesidades apropiada e dunha análise de riscos adecuado