Proxectos

Apoderamento individual, social e económico das mulleres cabeza de familia viúvas ou solteiras da rexión de Madakasira a través do acceso aos seus dereitos e a loita contra a discriminación social en India

A India rural segue estando marcada por un ríxido sistema patriarcal que se basea nunha estrutura familiar patriarcal con moitas reminiscencias relixiosas da cultura hindú. As nais soas, viúvas ou abandonadas, enfróntense a situacións de discriminación, desigualdade e invisibilización que obviamente supón que non teñan acceso aos dereitos humanos. Ante esta situación, a presente intervención vai traballar en tres liñas: o acceso a dereitos económicos a través dun programa de xeración de ingresos baseado en micro emprendementos, o acceso a unha vivenda onde sentirse libres e seguras e o acceso á educación dos seus descendentes para romper co circulo da pobreza, o acceso ao dereito á saúde, non só á saúde física senón tamén á saúde mental, así como a mellora do seu estado nutricional e a loita contra a discriminación social.

Ano: 
2023
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
Asia
País: 
INDIA
Zona de actuación: 
Andhra Pradesh (estado)
Madakasira (rexión)
Axentes: 
VICENTE FERRER (FUNDACIÓN)
Contraparte: 

Rural Development Trust (RDT)

Código CRS: 
11320 - Educación secundaria
11330 - Formación profesional
12220 - Atención sanitaria básica
14032 - Saneamento básico
1516000 - Dereitos humanos
15170 - Organizacións e institucións da igualdade das mulleres
16040 - Vivendas de baixo custo
52010 - Axuda alimentaria / Programas de seguridade alimentaria
Obxectivos: 

Xeral: Garantido o acceso aos dereitos humanos das mulleres nas zonas rurais máis empobrecidas do distrito de Anantapur, India

Específico: apoderamento individual, social e económico das mulleres cabeza de familia viúvas ou solteiras da rexión de Madakasira a través do acceso aos seus dereitos e a loita contra a discriminación social

Resultados e actividades: 

RE 1.1 Mellorado o acceso aos dereitos económicos de 327 mulleres da rexión de Madakasira a través do fortalecemento de medios de vida sostibles.

     A.1.1.1 Entrega de materiais a mulleres rurais para iniciar as súas propias actividades xeradoras de ingresos (PGI: Programa de Xeración de Ingresos).

     A.1.1.2: Taller de Capacitación de Formadores nos fundamentos do emprendemento para o persoal do Sector de Apoderamento da Muller.

     A.1.1.3 Taller de Capacitación sobre os fundamentos do emprendemento para mulleres rurais

     A.1.1.4 Visitas de exposición a empresas exitosas dirixidas por mulleres.

     A.1.1.5 Taller sobre definición de currículo e materiais con apoio externo

     A.1.1.6: Seguimento individual e apoio ás actividades xeradoras de ingresos

     A.1.1.7 Taller de capacitación en xénero, funcionamento e seguimento de Actividades Xeradoras de Ingresos para coordinadoras e coordinadores

     A.1.1.8 Construción de vivendas para mulleres rurais e os seus descendentes

    A.1.1.9 Prestación de apoio económico para a educación da poboación infantil, incluídos os gastos de escolaridade, albergue, libros e calquera outro recurso ou material necesario para a súa educación.

RE 1.2 Mellorado o acceso aos dereitos económicos de 327 mulleres da rexión de Madakasira a través do fortalecemento de medios de vida sostibles.

       A.1.2.1: Realización de recoñecementos de saúde, incluíndo consulta médica e subministración de suplementos e/o medicamentos, en caso de ser necesarios

       A.1.2.2 Apoio a mulleres rurais que padecen problemas de saúde crónicos, incluído tratamento médico e asesoramento individual e sensibilización para elas e os seus familiares máis próximos

       A.1.2.3 Xornada de sensibilización sobre hixiene menstrual e repartición de bragas e repartición bimensual de compresas

       A.1.2.4 Construción de baños para mulleres rurais e os seus fillos e fillas

       A.1.2.5 Taller de nutrición de mulleres e nenos e distribución de sementes para hortos familiares.

       A.1.2.6 Provisión bimestral de grans secos para mellorar a seguridade alimentaria de nais rurais e os seus descendentes

       A.1.2.7 Taller sobre os beneficios de recibir asesoramento

       A.1.2.8 Servizos de asesoramento individual a mulleres rurais

       A.1.2.9 Capacitación ao persoal dos centros de asesoramento no trato con mulleres vulnerables

       A.1.2.10 Sesión grupal sobre fomento da confianza, a autoestima e os valores

       A.1.2.11 Asesoramento para a poboación infantil

       A.1.2.12 Revisións médicas para poboación infantil con problemas de saúde.

RE 1.3 327 mulleres cabeza de familia viúvas ou solteiras da rexión de Madakasira concienciadas sobre os seus dereitos das mulleres e capacitadas para reivindicar os seus dereitos e os dos seus fillos e fillas

            A.1.3.1 Celebración do Día da Muller e o Día do Apoderamento da Nai Solteira para recoñecer o papel das mulleres cabezas de familia en solitario e obsequio de sari.

            A.1.3.2 Campaña de comunicación: Compartir para sanar

            A.1.3.3 Taller de formación en xénero, dereitos humanos e violencia de xénero

            A.1.3.4 Sesión informativa: compartir sentimentos, opinións e comentarios

            A.1.3.5 Xornada de sensibilización sobre a importancia da educación infantil para mulleres rurais e poboación infantil.

            A.1.3.6. Realización dun mural sobre mulleres rurais na zona de actuación.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 1.108 (327 mulleres; 372 nenos; 409 nenas)

Indirecta: 251.800 (51.465 homes; 51.924 mulleres; 14.737 nenos; 133.674 nenas)

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 184.999,93€ (73.999,97€ en 2023 e 110.999,96€ en 2024)