Proxectos
-
Activistas polo Mundo que queremos 2026- 2027
O proxecto «Activistas polo mundo que queremos 2026-2027», promovido por Solidariedade Internacional de Galicia, AGARESO e Asemblea de Cooperación pola Paz, desenvolverase no marco do Programa Sinerxía durante o curso escolar 2026-2027. A iniciativa está dirixida principalmente a alumnado de Educación Secundaria e Formación Profesional, así como ao profesorado dos centros participantes, e ten como finalidade fomentar unha cidadanía global crítica, participativa e comprometida coa xustiza social.
-
Proxecto de fortalecemento da Rede Galega de Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento (RGCUD)
O I Plan Estratéxico da Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento establece as liñas de acción da RGCUD ata 2030. Cabe destacar o esforzo que supón a dinamización e participación das comunidade universitaria pública do SUG. Un desafío que condiciona o traballo cotiá e que se encontra presente na planificación, deseño e desenvolvemento de todas as actividades sobre CUD.
-
Galicia Abriga: Programa Galego de acollida temporal para defensoras dos dereitos humanos (III Edición)
Malia o recoñecemento internacional do traballo das defensoras dos dereitos humanos, o seu traballo segue a ser unha actividade de alto risco en moitas rexións do mundo. Esta situación afecta especialmente ás defensoras dos dereitos humanos, que, ademais de afrontar os mesmos riscos que os defensores dos dereitos humanos masculinos, están expostas a ameazas vinculadas ao feito de ser mulleres, debido a fortes normas e tradicións socioculturais patriarcais, e á violencia contra as mulleres perpetrada en todo o mundo.
-
A igualdade global no centro do poder local.
O proxecto “A IGUALDADE GLOBAL NO CENTRO DO PODER LOCAL”, a realizar ao longo
do 2026, xorde da experiencia acumulada do Fondo Galego nos seus 29 anos de andaina.
Desta volta, afrontamos o desafío de promover unha maior participación, coordinación, eficacia, eficiencia, impacto e visibilidade da cooperación municipalista realizada desde Galicia.
-
Convenio de colaboración para a acción humanitaria e de emerxencia
(UCRAÍNA)
Ucraína leva catro anos sufrindo unha invasión rusa a grande escala, que afectou todos os aspectos da vida dos seus habitantes. En 2024, a poboación caeu a entre 37,4 e 37,9 millóns debido ao desprazamento forzado a outros países. A tendencia para 2025-2026 mostra un lixeiro aumento estatístico (aproximadamente o 1,4 % anual) debido ao regreso gradual dos refuxiados e á estabilización das cifras de desprazados internos (PDI). -
Convenio de colaboración para actuacións de acción humanitaria e de emerxencia
O Plan de Cooperación Internacional 2023-2026 de CRE, baixo a prioridade estratéxica de Resposta a Desastres e Crises e de acordo coa política de Xestión de Desastres e Riscos da Federación Internacional de Sociedades da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella, describe os obxectivos da CRE para este período:
-
Que as persoas afectadas por crises e desastres teñan satisfeitas as súas necesidades básicas e inicien procesos de recuperación temperá.
-
-
Reforzouse a capacidade da Coordinadora Galega de ONG para acoller, apoiar e representar as ONGs gallegas e para actuar como axente clave na defensa dos dereitos humanos e na mellora das políticas públicas de cooperación en Galicia.
O acordo enmárcase nun contexto internacional de múltiples crises interconectadas, caracterizadas polo aumento da desigualdade e a pobreza, as emerxencias humanitarias e os conflitos armados, a crise ecolóxica, a erosión das liberdades democráticas e o debilitamento da cooperación internacional e o multilateralismo. Esta situación pon de manifesto a necesidade de fortalecer a solidariedade, a defensa dos dereitos humanos, a paz, a sustentabilidade e a cooperación para o desenvolvemento.
-
Promover a economía azul de Sechura mediante un crecemento resiliente, competitivo e sostible do sector pesqueiro e da acuicultura na baía de Sechura. (SECHURA AZUL)
O obxectivo principal desta intervención é contribuír á sustentabilidade ambiental e produtiva dos medios de vida e das comunidades vinculadas ao sector da pesca artesanal e a acuicultura na baía de Sechura (Perú).
-
Axuda humanitaria dirixida á poboación desprazada e de acollida na provincia de Cabo Delgado, Mozambique.
O proxecto ten como obxectivo proporcionar asistencia humanitaria de emerxencia ás persoas desprazadas internas e ás comunidades afectadas por conflitos armados en Cabo Delgado, Mozambique, mediante a distribución de artigos non alimentarios (NFI) e apoio para satisfacer necesidades básicas como aloxamento, protección e dignidade.
-
Protección e asistencia en resposta á violencia sexual e de xénero, con atención á trata con fins de explotación sexual, para persoas desprazadas sudanesas e sursudanesas no Alto Nilo, Sudán do Sur
A situación no Sudán é unha das maiores crises de protección do mundo na actualidade. Neste contexto, as mulleres e as nenas son particularmente vulnerables aos riscos de protección, especialmente á violencia sexual e de xénero (VSX). En febreiro de 2026, 11,8 millóns de persoas foran desprazadas forzosamente debido ao estalido do conflito no Sudán desde abril de 2023, incluídos 7,1 millóns de desprazados internos.