Proxectos
-
Biblioteca Humana: libros que contan historias de cooperación e solidariedade.
Trátase dun programa de innovación social e comunicación orientado a fortalecer a lexitimidade social da cooperación internacional e a promover valores como a xustiza global, os dereitos humanos, a igualdade de xénero, a interculturalidade e a cultura da paz nos ámbitos cultural e mediático de Galicia.
-
TI TAMÉN CONTAS: historias fiadas de mulleres rurais para crear unha cidadanía crítica e con conciencia feminista
Galicia caracterízase polo seu alto grao de ruralidade, marcado por unha poboación dispersa, o envellecemento demográfico e un tecido comunitario activo sostido por redes veciñais, asociativas e familiares. Neste contexto, as mulleres representan aproximadamente a metade da poboación rural, aínda que seguen a enfrontarse a desigualdades estruturais no acceso á terra, á propiedade das explotacións, á participación nos órganos de toma de decisións e á brecha de xénero nos sectores agrícola e cooperativo.
-
ENREDA: Educación transformadora para a ecocidadanía global e a agroecoloxía escolar na rede de centros educativos rurais polo dereito humano á alimentación e o ODS 2 Fame Cero (2026-2028)
Este programa desenvolve un programa plurianual de educación transformadora (2026-2028) en educación para o desenvolvemento e a cidadanía global, promovido por Mans Unidas (MU) en Galicia en agrupación co Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental SEPA-interea da Universidade de Santiago de Compostela (USC), polo dereito humano á alimentación no marco do ODS 2 "Fame Cero" na rede de centros educativos rurais polo dereito á alimentación e a agroecoloxía escolar (ENREDA).
-
Enredadas no Cambio: Cartografía sonora do emprendemento feminista Norte-Sur Global Voces, saberes e territorios que sosteñen a vida.
Busca ampliar e enriquecer o imaxinario colectivo sobre o emprendemento, incorporando voces, saberes e prácticas económicas habitualmente ausentes dos relatos hexemónicos. A proposta articúlase arredor dunha cartografía sonora dixital, aberta e interactiva, construída colectivamente ao longo de tres anos a partir dos relatos de mulleres emprendedoras de Galicia, Perú, Bolivia, Guatemala e Nicaragua.
-
A protección da infancia dende a mirada da Axenda 2030. Un camiño de transformación social para a prevención da violencia
Desde o ano 2022 Educo implanta en Galicia unha liña de traballo estable orientada a prevención da violencia contra a infancia e a promoción do dereito á protección, a través de distintas iniciativas de Educación para a Transformación Social apoiadas pola Xunta de Galicia, en concreto, destacase o proxecto “A protección da infancia dende a mirada da Axenda 2030” aprobado nas súas convocatorias de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global nos anos 2022, 2023, 2024 e 2025.
-
Fortalecer as estratexias, as capacidades e as ferramentas das organizacións sociais e o sector da comunicación de Galicia para a defensa dos dereitos humanos e a democracia a nivel global.
Ante a ofensiva contra os DDHH, resistencia organizada. Esta é unha proposta que busca fortalecer o sector das ongd e da comunicación para unha defensa decidida dos dereitos humanos e a democracia nun contexto cada vez máis hostil. Ao mesmo tempo fará especial énfase en pór en valor o aporte da cooperación internacional e os seus diferentes actores nesta mesma defensa.
-
Elas deciden: corpo, territorio e paz. Fortalecendo o compromiso social e institucional a favor da cultura de paz feminista
Elas Deciden intégrase nunha estratexia global de Asemblea de Cooperación pola Paz dende o ano 2020 que xira entorno ao fortalecemento das relacións entre movementos feministas e de mulleres do Sur e Norte Global, identificando necesidades transversais e accións para a promoción da igualdade e o intercambio de coñecementos entre os territorios a un e outro lado do Atlántico.
-
Fortalecemento pedagóxico e participación comunitaria para a mellora da aprendizaxe e a retención escolar en Varanasi (India)
Este proxecto baséase no traballo que o DJDDS leva anos desenvolvendo sobre o dereito á educación en contextos urbanos vulnerables de Varanasi, co apoio de Semilla para el Cambio, fortalecendo os procesos de apoio educativo e avanzando cara a modelos pedagóxicos máis inclusivos, participativos e centrados no alumnado. Do mesmo xeito, a intervención busca fortalecer a participación activa das familias e da comunidade nos procesos educativos, promovendo unha maior corresponsabilidade e apropiación comunitaria do programa.
-
Mellorado o acceso á educación primaria e á alfabetización de mulleres na aldea de Catão na Guinea Bissau
Coa presente proposta pretendemos rehabilitar unha escola pública de primaria na aldea de Catão (Cacheu), ante a falta de recursos do Ministerio de Educación para poder asumir a reparación e mantemento das escolas, sobre todo en zonas rurais illadas como é o caso. A referida escola conta con dous edificios de 150 e 110 m2 respectivamente (ver anexo 7a e 7b_Planos da escola). No primeiro edificio hai tres aulas, unha sala de profesores e un almacén. No segundo edificio hai catro aulas de 25m2 cada unha.
-
Mulleres que texen vida mediante a formación artesanal e o desenvolvemento comunitario en Potosí, Bolivia, Fase II
O obxectivo central do proxecto é consolidar a autonomía económica, social e organizativa das mulleres en situación de vulnerabilidade da comunidade de Barrio Lindo, en Potosí, mediante unha estratexia integral que combina a formación técnica, o desenvolvemento de capacidades produtivas e a protección da infancia.