Proxectos

Asistencia humanitaria a comunidades afrocolombianas afectadas por inundacións e polo conflito armado na zona fluvial de Buenaventura, Colombia

Na zona de Buenaventura a afectación da poboación civil polo conflito armado Colombiano é a principal causa da "crise humanitaria" ao que se suman as inundacións de outubro e novembro de 2013. Entre agosto e novembro de 2012 produciuse un pico de violencia no centro urbano ocasionado pola disputa do dominio territorial e o control do microtráfico. As comunidades da zona, debido ás consecuencias do conflito e de desastres naturais unido á ausencia das institucións do Estado, presentan graves necesidades humanitarias como: non acceso a auga en cantidade e calidade, falta de sistemas de saneamento e de coñecementos básicos de hixiene, inadecuada habitabilidade, carencia de elementos de hixiene e de hábitat, inseguridade alimentaria, debilidades no sistema educativo, falta de atención en saúde, infraestruturas comunitarias e accesos deficitarios.

 

Ano: 
2014
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Acción Humanitaria
Rexión: 
América do Sur
País: 
COLOMBIA
Axentes: 
SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL GALICIA
Contraparte: 

Fundación Alianza por los Derechos, la Igualdad y la Solidaridad Internacional Colombia
 

Código CRS: 
72010 - Apoio enfoque VARD
Obxectivos: 

Obxectivo Xeral:Contribuíuse a proveer asistencia humanitaria a poboacións afrocolombianas dobremente afectadas (inundacións e conflito armado) na zona fluvial de Buenaventura (Colombia).

Obxectivo Específico:
Mellorou o acceso e a axuda humanitaria dos e das beneficiarios/as, nos territorios de comunidades afrocolombianas na zona fluvial de Buenaventura (Departamento do Val do Cauca, Colombia).

Resultados e actividades: 

Resultado 1 : Mulleres e homes de todas as idades dobremente afectadas/os (inundacións e conflito armado) dos ríos Cajambre e Raposo reciben unha protección adecuada mediante a mellora das súas condicións de auga, hixiene básica e saneamento.
Actividades
A1.1. Proceso de concertación coa participación de mulleres e homes da comunidade. Identificación e selección de beneficiarios e beneficiarias que reciben asistencia humanitaria. Reunións de socialización, seguimento e avaliación con homes e mulleres das autoridades comunitarias, municipais e comunidade en xeral.
A1.2. Proceso de consulta a mulleres, homes, nenos e nenas sobre o contido dos kits de hixiene / Presupostos e Procedementos de compras para kits de auga e de hixiene e construción sistemas de auga en 4 postos de saúde
A1.3. Entrega de 900 kits de hixiene, 262 kits de auga e 4 sistemas de auga en postos de saúde.
A1.4. Seguimento e avaliación de ApS concertada coas comunidades sobre as actuacións realizadas. Revisión de comentarios e queixas recibidos por parte de mulleres e homes das comunidades, que permitan revisar as accións postas en marcha.

Resultado 2: Mellorouse a capacidade de resposta ante as consecuencias derivadas dos desastres naturais e o conflito armado, coa adquisición de mecanismos de resposta e a involucración das institucións públicas.
Actividades
A.2.1. Proceso de concertación con autoridades e líderes comunitarios e mesas de traballo.
A.2.2. Realización de capacitacións, talleres, xornadas de socialización, sensibilización e seguimento, aplicación de enquisas CAP.
A.2.3. Construción, presentación, socialización, difusión e edición de dous Plans de Continxencia.
A.2.4. Seguimento e avaliación de ApS concertada coas comunidades sobre as actuacións realizadas.
 
 

Poboación beneficiaria: 

 
Directa: Un total de 2.226 Persoas, das cales 588 son mulleres, 547nenas, 498 homes e 593 nenos.
Indirecta: Un total de 2.218 persoas, das cales 494 son mulleres, 602 nenas, 479 homes e 643 nenos.

 

Axudas: 

62.721 € (2014)