Proxectos

A Axenda 2030, un reto local nun mundo en transformación IV

O proxecto está enmarcado no contexto postelectoral que se abrirá no ano 2024 en Galicia.  Ese ano celebraranse eleccións para elixir as e os cargos  que configurarán os gobernos locais, e existe a posibilidade de que as novas representantes políticas descoñezan que é a cooperación ao desenvolvemento e que funcións desempeña o Fondo Galego. Nesta liña, a presente proposta ten como obxectivo específico promover a implicación da administración local galega en materia de cooperación ao desenvolvemento como ferramenta para dar cumprimento á Axenda 2030, e fundaméntase en dúas dimensións:

- Cooperación ao desenvolvemento: formación e coñecemento das potencialidades da cooperación municipalista para promover unha maior participación das administracións locais en cooperación ao desenvolvemento.

- Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable: formación sobre a Axenda 2030, observación de casos prácticos para tentar o seu cumprimento tanto en Galicia como fóra, e fortalecemento da Rede de Autoridades Locais da Lusofonía polos ODS.

Ano: 
2023
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
FOGACOSOL - FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Xeral: Impulsadas e fortalecidas, con sinerxía e coordinación, as políticas públicas municipais de cooperación ao desenvolvemento e o cumprimento da Axenda 2030.

Específico: Promovida a implicación da administración local galega en materia de cooperación ao desenvolvemento como ferramenta para dar cumprimento á Axenda 2030.

Resultados e actividades: 

R1.1 Promovida a sensibilización e a formación das administracións locais galegas ao respecto da cooperación ao desenvolvemento e a Axenda 2023.

A1.1.1 Xornadas de sensibilización e formación das administracións locais galegas sobre cooperación ao desenvolvemento e Axenda 2030.

R1.2 Fomentadas as relacións de solidariedade entre o municipalismo galego e os países empobrecidos.

A1.2.1 IV Foro da Cooperación Municipalista da Lusofonía.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 151 entidades; 82 homes; 94 mulleres

Indirecta: 188 entidades; 372 homes e mulleres

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 60.000 €