Proxectos

Elas deciden: promover a equidade de xénero facilitando espazos de reflexión crítica e aprendizaxes significativas para imaxinar e construír colectivamente alternativas de xustiza social.

O proxecto ten unha forte compoñente de sensibilización e incidencia social e política, e busca o establecemento de redes entre entidades e organización do Sur e do Norte a fin de intercambiar experiencias e coñecementos, promover aprendizaxe mutua e unir forzar na loita con obxectivos comúns. O epicentro do proxecto son as mulleres, xirando o mesmo arredor de tres conceptos integrados e necesarios para acadar a equidade de xénero e, por ende, a xustiza social. Estes conceptos son o corpo, o territorio e a paz.

Ano: 
2023
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
A Coruña
Lugo
Pontevedra
Axentes: 
ARQUITECTOS SEN FRONTEIRAS
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír ao coñecemento e sensibilización sobre o papel dos movementos feministas na consecución da equidade de xénero no marco da Axenda 2030 (ODS 5).

Específico: Promover a equidade de xénero facilitando espazos de reflexión crítica e aprendizaxes significativas para imaxinar e construír colectivamente alternativas de xustiza social.

Resultados e actividades: 

RE 1.1 Fomentada a coordinación e análise do proxecto de cara a súa visibilidade e sostibilidade.

A.1.1.1 Realización da coordinación participada e seguimento continuado do proxecto (Mes 1 a 12).

A.1.1.2 Deseño e posta en marcha do Plan de seguimento e avaliación (Mes 1 a 12).

A.1.1.3 Plan de comunicación (Mes 1 a 12).

A.1.1.4 Encontro da equipa que conforma o proxecto (Mes 9).

RE 1.2 Xerados espazos de reflexión crítica e aprendizaxes significativas a través de metodoloxías transformadoras e asociadas a procesos de cambio persoal.

A.1.2.1 Elaboración e difusión do primeiro elemento - corpo - do Manifesto "Elas deciden: corpo, territorio e paz" (Mes 1 a 5).

A.1.2.2  Coordinación para a realización da formación "Corpo, territorio de paz: o clown como territorio" (Mes 2 a 5).

A.1.2.3 Realización da formación "Corpo, territorio de paz: o clown como territorio" (Mes 5).

A.1.2.4 Formación na metodoloxía de cartografías sociais "corpo - territorio" (Mes 4 e 5).

RE 1.3 Visibilizado e promovida a concienciación social sobre o rol das mulleres en procesos de co-produción e gobernanza.

A.1.3.1 Elaboración e difusión do segundo elemento - territorio - do Manifesto "Elas deciden: corpo, territorio e paz" (Mes 5 a 8).

A.1.3.2 Adaptación e actualización da exposición "Mulleres na pesca. El Salvador" (Mes 2 a 6).

A.1.3.3 Realización da parte da exposición "Mulleres na pesca. Galicia" (Mes 2 a 6).

A. 1.3.4 Presentación da exposición en espazos públicos e de incidencia social e política (Mes 7 a 12).

RE 1.4 Fomentado o intercambio de experiencias e capacidades como medio para o aumento do compromiso social e institucional coa equidade de xénero e a transformación social.

A.1.4.1 Elaboración e difusión do terceiro elemento - paz - do Manifesto "Elas deciden: corpo, territorio e paz" (Mes 8 a 10).

A.1.4.2 Realización da xornada "Corpos e territorios en paz" (Mes 6 e 7).

A.1.4.3 Xuntanzas entre activistas do Sur e Titulares de Responsabilidades (TdR) e Titulares de Obrigas (TdO) de Galicia (Mes 6 e 7).

A.1.4.4 Sensibilización social a través da presenza en medios de comunicación das activistas do Sur (Mes 6 e 7).

Poboación beneficiaria: 

Directa: 40 homes + 80 mulleres = 120 persoas

Indirecta: 445 homes + 485 mulleres + 100 nenos + 200 nenas = 1.230 persoas

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 35.000€ (14.000€ en 2023 e 21.000€ en 2024)