Proxectos
-
"ESIXIMOS XUSTIZA: POLO PLENO EXERCICIO DOS DEREITOS FUNDAMENTAIS"
Contribuír a conseguir que todas as persoas poidan exercer plenamente os seus dereitos fundamentais para acabar coa pobreza e a injustica. Formando parte e impulsando un movemento cidadá global con capacidade para esixir xustiza aos gobernos e ao sector privado e con capacidade para o establecemento dunha contorna privada e pública favorable ao exercicio dos dereitos da cidadania, a través da formación, a difusión, a mobilización e a participación das mozas e mozos
-
FOTOGRÁFICA, VIDAS AO REDOR DA SIDA II
Contribuír a frear a expansión da epidemia do VIH/SIDA na África subsahariana e a mellorar as condicións de vida das persoas afectadas pola mesma.
-
EDUCA PARA O DESENVOLVEMENTO CON UNICEF GALICIA
Poboación galega sensibilizada e concienciada respecto á necesidade de investir na educación, tanto no Norte como no Sur, como elemento clave para provocar un cambio na situación da infancia e nas desigualdades Norte/Sur
-
CINCO CURSOS EN GALICIA. CAPACITACIÓN DO COLECTIVO DE ENFERMEIRAS E ENFERMEIROS GALEGOS COMO AXENTES DE SENSIBILIZACIÓN E EDUCACIÓN AO DESENVOLVEMENTO
Mellora da achega do colectivo de enfermeiras e enfermeiros de Galicia ao proceso de desenvolvemento dos Países do Sur.
-
MELLORA DA CAPACIDADE DE PRODUCIÓN E COMERCIALIZACIÓN PARA AS PESCADORAS E PESCADORES ARTESANAIS DA PROVINCIA DE MANABÍ-ECUADOR
Mellorar a capacidade de comercialización das pescadoras e pescadores artesanais, de tal xeito que se incrementen os seus ingresos, estabilícense os prezos de venda e diminúa a cadea de intermediación; e, mellorar a calidade da captura mediante a dotación de novas artes de pesca e dun taller para o mantemento de equipos e artes de pesca artesanal na Cooperativa San Clemente
-
CENTRO DE FORMACION E PROMOCION DO TURISMO
No fin deste proxecto, a cidade da Matola contará cos recursos materiais e humanos necesarios para que os ingresos provenientes do turismo repercutan na economía da comunidade local.
-
FORTALECEMENTO DA PRODUCIÓN E COMERCIALIZACIÓN DE CAÑA GUADÚA NA COMUNIDADE INDÍXENA COFÁN
Contribuír co desenvolvemento integral das familias da comunidade Duvuno, xerando alternativas de produción e emprego en base ao bo manexo dos recursos naturais
-
PROPOSTA PARA O DESENVOLVEMENTO DO PROTOTIPO DO PROGRAMA
O presente proxecto ten como obxecto o desenvolvemento do prototipo do Programa "Agromercados Saudables en Cuba", permitindo coñecer a situación actual e planificar unha xestión correcta e preventiva no relativo a Seguridade Alimentaria, reducindo os impactos en saúde, sociais e económicos asociados á ocorrencia de enfermidades transmitidas polos alimentos debido á presenza de contaminantes microbiológicos e físico-químicos nos mesmos.
-
ELABORACIÓN DO PROGRAMA DE DESENVOLVEMENTO DA VILA DE ST. LOUIS, SENEGAL
Mellora da calidade de vida da poboazón de St. Louis
-
IMPLEMENTACIÓN DO CENTRO DE FORMACIÓN PERMANENTE PARA EDUCADORES “SAN IGNACIO DE LOYOLA
Mellorar a práctica profesional das educadoras e educadores das distintas modalidades pedagóxicas da Rede de escolas e institutos Fe e Alegría, creando condicións que fagan posible que a formación se constitúa nunha intervención permanente, articulada e sistemática. En función desta meta preténdese implementar, na cidade de Santa Cruz, un centro de formación, con capacidade de responder -pertinente e oportunamente- ás demandas de capacitación das educadoras e educadores do departamento de Santa Cruz e das persoas que traballan nos departamentos amazónicos de Bolivia: Beni e Pando.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 114
- 115
- 116
- 117
- 118
- 119
- 120
- 121
- 122
- …
- seguinte ›
- última »