Proxectos

"ESIXIMOS XUSTIZA: POLO PLENO EXERCICIO DOS DEREITOS FUNDAMENTAIS"

Contribuír a conseguir que todas as persoas poidan exercer plenamente os seus dereitos fundamentais para acabar coa pobreza e a injustica. Formando parte e impulsando un movemento cidadá global con capacidade para esixir xustiza aos gobernos e ao sector privado e con capacidade para o establecemento dunha contorna privada e pública favorable ao exercicio dos dereitos da cidadania, a través da formación, a difusión, a mobilización e a participación das mozas e mozos

Ano: 
2008
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
INTERMÓN OXFAM (FUNDACIÓN)
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Dinamizar e implicar á cidadanía, ao voluntariado e á comunidade educativa de Galicia na construción dun mundo máis xusto mediante actividades de formación e participación cidadá ao redor das campañas de divulgación sobre a realidade do Sur

Resultados e actividades: 

-Conferencias “Visitas ao Sur” -Xornada solidaria “Un día para a esperanza” -Formación de voluntariado -Accións de campaña na rúa -3ª Edición do Festival de Cur

Poboación beneficiaria: 

O proxecto diríxese aos 14.000 socias e socios de Intermón Oxfam en Galicia. Estas persoas son convocadas ás actividades de sensibilización e mobilización a través do boletín e permanentemente a través da páxina web de Intermón Oxfam. O público obxectivo directo actúa como axente multiplicador, é dicir, a partir dela xorden un número indeterminado de poboación beneficiaria indirecta

Axudas: 

19900