MELLORA DA CAPACIDADE DE PRODUCIÓN E COMERCIALIZACIÓN PARA AS PESCADORAS E PESCADORES ARTESANAIS DA PROVINCIA DE MANABÍ-ECUADOR
Mellorar a capacidade de comercialización das pescadoras e pescadores artesanais, de tal xeito que se incrementen os seus ingresos, estabilícense os prezos de venda e diminúa a cadea de intermediación; e, mellorar a calidade da captura mediante a dotación de novas artes de pesca e dun taller para o mantemento de equipos e artes de pesca artesanal na Cooperativa San Clemente
Agencia de Desarrollo Provincial de Manabí
Construción e implementación dun Centro de provisión de pesca artesanal, dotado dun sistema de comercialización e a construción dun taller de mantemento e reparacións para mellorar o mantemento preventivo e correctivo de equipos e artes de pesca, impulsando e fomentando o asociacionismo e o desenvolvemento sostible da pesca.
-Identificación da cadea de valor para a comercialización da pesca artesanal na zona do proxecto.
-Deseño e elaboración dun sistema de fixación de prezos.
-Contratación dos deseños das construcións, execución das obras, compra de equipos e materiais
-Fixación dos prezos medias para o sistema de comercialización.
-Proceso de provisión da pesca e posta en marcha do sistema de control do proceso.
-Compra dos materiais e compoñentes para dotar de novas artes de pesca ás socias e socios das cooperativas.
-Levantamento da liña basee para a implementación das capacitacións
-Elaboración e execución da formación aos grupos meta
-Actividades de seguimento e valoración do proxecto
-Avaliación final e transferencia á poboación beneficiaria
Directa: Ao redor de 50 familias de pescadoras e pescadores artesanais e comerciantes de pesca artesanal do sitio Los Ranchos da parroquia Crucita do cantón Portoviejo (Cooperativa Los Ranchos) e de 14 socias e socios da Cooperativa San Clemente. As 64 familias no seu inicio teñen ao redor de 320 membros (60% son mulleres e o 45% dese número son nenas e nenos)
Indirecta: Indirecta:un gran número de mulleres participaron como man de obra cualificada para o faenamiento da pesca, polo que é un insumo importante para que os dereitos sociais, laborais e educacionales da muller se cumpran, pois é a oportunidade para que outras intervencións fortalezan o tecido económico con inclusión de xénero.
145582