Proxectos

PROPOSTA PARA O DESENVOLVEMENTO DO PROTOTIPO DO PROGRAMA

O presente proxecto ten como obxecto o desenvolvemento do prototipo do Programa "Agromercados Saudables en Cuba", permitindo coñecer a situación actual e planificar unha xestión correcta e preventiva no relativo a Seguridade Alimentaria, reducindo os impactos en saúde, sociais e económicos asociados á ocorrencia de enfermidades transmitidas polos alimentos debido á presenza de contaminantes microbiológicos e físico-químicos nos mesmos.

Ano: 
2008
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior outros axentes
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
CUBA
Zona de actuación: 
Ciudad de la Habana (provincia)
Axentes: 
SERVIGUIDE S.L.
Contraparte: 

Oficina Nacional de Normalizacion (ONN)

Código CRS: 
16050 - Axuda multisectorial para servizos sociais básicos
Obxectivos: 

Mellorar as condicións hixiénico-sanitarias dos produtos comercializados nos agromercados nas fases da cadea alimentaria relacionadas, é dicir, desde o abastecemento, almacenamento, manipulación e expendio.

Resultados e actividades: 

-Establecemento dun proceso de avaliación, seguimento e comprobación dos Agromercados
-Análise e diagnóstico da situación de partida
-Motivación para a participación
-Plan de actuacións no agromercado pilot.
-Dotación de medios/infraestruturas
-Organización e loxística
-Desenvolvemento do Manual APPCC e Boas Prácticas por Agromercado
-Capacitación e Boas Prácticas
-Sistema de Vixilancia e seguimento
-Análise dos resultados e difusión
-Información e promoción dos agromercados saudables

Poboación beneficiaria: 

Directa: Distribuidoras e distribuidores dos postos do agromercado piloto.  Ministerio de Comercio Interior de Cuba (MINCIN).
Indirecta: Totalidade da poboación cubana, Servizos de saúde. Agroindustria. Turismo.

Axudas: 

86548