Proxectos

Kuri Muru: Promovendo o desenvolvemento socioeconómico do cantón de Ambato, Tungurahua, baixo un enfoque de xénero. Fase 2. Ecuador

O proxecto preséntase como continuación ao proxecto "Fomentando iniciativas produtivas con valor agregado para a redución da pobreza e a exclusión das mulleres da Parroquia de Quisapincha, Tungurahua" executado de xullo do 2019 a abril de 2021 coa financiacion da Xunta de Galicia. Esta fase executarase nas parroquias de San Antonio de Quisapincha e Huachi Grande, no cantón Ambato, provincia de Tungurahua. O mesmo ten como finalidade contribuír á eliminación das discriminacións de xénero e á recuperación dos impactos causados pola Covid-19 no cantón de Ambato, provincia de Tungurahua. O proxecto contempla como un elemento importante o fomentar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, integrando a perspectiva de xénero en todos os seus compoñentes, contribuíndo así no medio e longo prazo ao acceso das mulleres aos dereitos económicos e sociais, así como a visibilizar a contribución das mesmas ao desenvolvemento dos seus territorios.

Ano: 
2021
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior outros axentes
Rexión: 
América do Sur
País: 
ECUADOR
Zona de actuación: 
Tungurahua (provincia)
Axentes: 
FUNDACIÓN MUJERES
Contraparte: 

FUNDACIÓN HUMANA PUEBLO A PUEBLO - ECUADOR

Código CRS: 
1516000 - Dereitos humanos
31120 - Desenvolvemento agrario
31150 - Insumos agrícolas
31161 - Produción alimentos agrícolas
31181 - Ensino / formación agraria
31194 - Cooperativas agrícolas
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír á eliminación das discriminacións de xénero e á recuperación dos impactos causados pola Covid-19 no cantón de Ambato, provincia de Tungurahua.

Específico: Impulsados medios de vida sustentables para as agricultoras e agricultores de Quisapincha e Huachi Grande que permitan a recuperación post-COVID-19 e promovan unha maior participación das mulleres rurais nos espazos de toma de decisións e desenvolvemento local do cantón de Ambato.

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Conformada e fortalecida institucionalmente a Corporación Pushak Kawsay como estrutura socio-organizativa referente na comercialización de uvilla con enfoque de xénero.

            A.1.1.1 Conformación dun grupo motor e proceso de capacitación para o fortalecemento organizativo da Corporación de produtoras/es de uvilla.

            A.1.1.2. Realización de réplicas en fortalecemento organizativo por parte do grupo motor ás asociacións integrantes da Corporación.

            A.1.1.3. Asesoramento e acompañamento aos liderados de mulleres dentro da corporación para garantir a súa participación, autonomía e intereses estratéxicos de xénero, Escola de Mujeres líderes.

            A.1.1.4. Asesoramento para a constitución e formalización da Corporación Pushak Kawsay e asociacións integrantes.

RE 1.2. Fortalecidas as capacidades de produción dos/as produtores/as integrantes da Corporación Pushak Kawsay con enfoque de Boas Prácticas Agricolas.

            A.1.2.1. Proceso de capacitación en manexo de uvilla e outros cultivos a produtoras/é da Corporación con enfoque de Boas Prácticas Agrícolas.

            A.1.2.2.  Acompañamento a produtoras/es para a entrega de plántulas uvilla e sementa de 150 parcelas.

            A.1.2.3. Proceso de acompañamento para a certificación BPA e seguimento a plans de produción.

RE 1.3. Reforzada a cadea de transformación e comercialización da uvilla baixo un enfoque de comercio xusto.

            A.1.3.1. Elaboración dun estudo de comercialización da uvilla.

            A.1.3.2. Proceso de capacitación en transformación de uvilla e comercialización da corporación.

            A.1.3.3. Campaña para a promoción e difusión da marca propia de uvilla na rexión (participación en feiras, convenios con empresas privadas, alianzas co GAD).

            A.1.3.4. Equipado o centro de provisión e establecido un sistema para a recepción, transformación e distribución da uvilla.

RE 1.4. Promovidos espazos de reflexión ao interno das asociacións produtoras, para a xeración dunha conciencia crítica de xénero que promova relacións igualitarias e a prevención da violencia cara a mulleres no cantón de Ambato.

            A.1.4.1. Deseño e execución de proceso formativo mixto sobre xénero, dereitos humanos, autonomía, empoderamento económico, corresponsabilidade, igualdade de oportunidades e prevención de todo tipo de violencias.

            A.1.4.2. Realización dun encontro mixto de reflexión sobre corresponsabilidade familiar, paternidade responsable, comunicación afectiva e asertiva para a prevención de violencia.

            A.1.4.3.  Realización de Espazos de Autocoidado e sanación biopsicosocial para mulleres.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 140 mulleres e 74 homes, cun total de 214 beneficiarios directos.

Indirecta: 1.070 persoas das cales 248 homes, 567 mulleres, 122 nenos e 133 nenas.

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 174.995,26 € (2021:69.998,10 € ; 2022:104.997,16 €)