Proxectos

Mellora da equidade de xénero coa promoción de dereitos económicos, sociais, culturais e ambientais, a soberanía alimentaria e os microemprendementos de mulleres rurais no Corpus, departamento de Choluteca. Honduras

O proxecto baséase en experiencias previas que ADEPES (socia local) e Amigos da Terra, en alianza con AMDV (Asociación de Mulleres Defensoras) desenvolveron tanto no sector como no territorio de intervención. O obxectivo xeral é poñer fin a todas as formas de discriminación e eliminar todas as formas de violencia contra as mulleres e as nenas do municipio do Corpus cun enfoque baseado no respecto polos Dereitos Humanos da muller, a loita contra a pobreza e a fame, a sustentabilidade ambiental e o desenvolvemento económico local e inclusivo. O logro dos obxectivos proxéctase cunha cadea de tres resultados, cada un dos cales está ligado a un compoñente diferente: equidade de xénero, produción agroecológica sustentable e desenvolvemento económico local.

Ano: 
2020
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
HONDURAS
Zona de actuación: 
Choluteca (departamento)
Axentes: 
AMIGOS DA TERRA GALICIA-XUVENTUDE
Contraparte: 

  Asociación de Desarrollo Pespirense (ADEPES)

Código CRS: 
43040 - Desenvolvemento rural
99810 - Sectores non especificados
Obxectivos: 

Xeneral: Poñer fin a todas as formas de discriminación e eliminar todas as formas de violencia contra as mulleres e as nenas (ODS 5) do municipio do Corpus cun enfoque baseado no respecto polos Dereitos Humanos da muller, a loita contra a pobreza e a fame (ODS 1 e 2), a sustentabilidade ambiental (ODS 12) e o desenvolvemento económico local e inclusivo (ODS 8).

Específico: Mellorar a equidade de xénero coa promoción dos dereitos económicos, sociais, culturais e ambientais e o empoderamiento persoal e colectivo das mulleres rurais no Corpus, Departamento de Choluteca (Honduras).

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Empoderadas lideresas de redes de mulleres, oficinas municipais e grupos comunitarios para a participación plena e efectiva na toma de decisións, a prevención da violencia, o acceso á xustiza de xénero e a esixibilidade dos Dereitos Humanos das mulleres do Corpus ante os operadores de xustiza.

  • A 1.1.1  Fortalecer as capacidades de xestión organizativa, financeira e operativa da Oficina Municipal da Muller e a Rede Municipal de Mulleres do Corpus para a construción, aplicación e seguimento de políticas, plans de acción e orzamentos municipais específicos de xénero.
  • A 1.1.2: Desenvolver unha escola de lideresas sobre equidade de xénero, dereitos humanos, empoderamiento da muller, participación cidadá, prevención de violencia e políticas, plans e orzamentos de xénero con mulleres organizadas e tomadores de decisión do Corpus.
  • A 1.1.3: Facilitar o acceso á xustiza de xénero, o acompañamento das vítimas, a priorización de casos de violencia contra as mulleres e as nenas e femicidios e a exigibilidad de dereitos da muller ante os operadores de xustiza e tomadores de decisión a nivel municipal e departamental.

RE 1.2 Promovida a conservación ambiental e a soberanía alimentaria con perspectiva de xénero en procesos participativos para a protección dos bens naturais, a produción agroecolóxica de alimentos nutritivos e a conservación de sementes nativas en tres sectores do Corpus.

  • A 1.2.1: Desenvolver unha estratexia de sensibilización da poboación campesiña e actores locais con perspectiva de xénero para a protección de bens naturais, a produción agroecolóxica e a conservación de sementes de polinización aberta en comunidades rurais do Corpus.
  • A 1.2.2: Implementar un programa de formación de promotoras comunitarias en conservación ambiental e soberanía alimentaria con perspectiva de xénero baixo as metodoloxías de escola de campo, campesiño a campesiño e cultivo biointensivo en 3 sectores do Corpus.
  • A1.2.3: Establecer alternativas comunitarias para a conservación de áreas de recarga hídrica e a produción sustentable de alimentos nutritivos e sementes nativas nun viveiro municipal, 3 leiras agroecolóxicas, 3 parcelas de produción de sementes e 120 hortos biointensivos manexados por mulleres rurais do Corpus.

RE 1.3  Creadas oportunidades económicas de xeración de valor agregado, diversificación de fontes de ingresos, autoemprego e acceso a mercados locais para as mulleres rurais do Corpus, no ámbito da produción agroecolóxica.

  • A 1.3.1: Fortalecer capacidades de grupos de mulleres en organización, planificación, xestión fiscal e legal, administración e análise de situacións de emerxencia e de mercado para a viabilidade e sustentabilidade de micro-emprendementos resilientes e culturalmente aceptables en comunidades do Corpus.
  • A 1.3.2: Impulsar iniciativas económicas innovadoras, resilientes e sustentables para a incorporación de valor agregado á produción agroecolóxica local e a xeración de ingresos e oportunidades de autoemprego a mulleres integradas en organizacións comunitarias do Corpus.
  • A 1.3.3:  Facilitar a inclusión dos grupos de mulleres en mercados locais e no programa de alimentación escolar en sinerxia coa Secretaría de Desenvolvemento e Inclusión Social e a mancomunidade MAMBOCAURE para a promoción da produción agroecolóxica e a mellora da nutrición das nenas e nenos do Corpus.
Poboación beneficiaria: 

Directa: 465 titulares de dereitos, sendo o 56.6% (263) mulleres e o 36.1% (168) nenas e nenos.

Indirecta: 19.663, das cales 7.519 (38.3%) son mulleres, 4.638 (23.6%) son nenas e 5.196 (26.4%) son nenos, distribuídas nas 17 aldeas do municipio do Corpus.

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 175.000 € (2020: 70.000 €; 2021: 105.000 €)