Proxectos

Mellorar a dieta dos refuxiados saharauís a través da compra e distribución de ovos e prestación de axuda sanitaria e dotación de material sanitario nos campamentos de refuxiados saharauis

O Sáhara Occidental é un territorio en litixio, declarado non autónomo polo Comité de Descolonización das Nacións Unidas. Dende que a súa potencia colonizadora, España, abandonou a zona en 1975 a rexión atópase, na súa gran maioría, baixo o dominio de Marrocos. En 1976 constitúese a República Árabe Saharauí Democrática (RASD), gobernada polo grupo independentista Frente Polisario, apoiado por Alxeria. Os campamentos levantáronse nunha zona da rexión de Tindouf que o goberno de Alxeria cedeu temporalmente ó Frente Polisario para o asentamento da poboación en 1975.

O sistema económico de refuxiados é practicamente inexistente, dada a situación de conflito que se vive na zona. A ausencia dunha base económica estable dificulta a satisfacción plena das necesidades elementais da poboación. As autoridades saharauís coa finalidade de mellorar e enriquecer a dieta alimenticia dos refuxiados propoñen o proxecto de compra e distribución de ovos para aportar proteína fresca á poboación, xa que é ben coñecido que a maior parte da alimentación distribuída compóñena produtos en conserva (1).

Polo seu lado, o proxecto de axuda sanitaria pretende a mellora das condicións de vida e de control sanitario da poboación refuxiada saharauí da Wilaya de Bojador, a través da prestación sanitaria á citada poboación, con especial atención a infancia, mulleres embarazadas e persoas maiores (2).

Ano: 
2023
Instrumento de financiamento: 
Convenio Acción Humanitaria
Rexión: 
África
País: 
TERRITORIOS SAHARAUÍS
Zona de actuación: 
Campamentos de refuxiados saharauis
Axentes: 
SOLIDARIEDADE GALEGA CO POBO SAHARAUÍ
Contraparte: 

Ministerio De Xuventude Saharauí En Colaboración Coa Media Luna Roja Saharauí

Código CRS: 
12240 - Programas directos para a alimentación
7201002 - Axuda en emerxencia: medicina e saúde
Obxectivos: 

Xeral: (1) Contribuír na mellora da dieta alimenticia e nas condicións de vida da poboación refuxiada saharauí; (2) Contribuír á mellora das condicións de vida e de control sanitario da poboación refuxiada saharauí da wilaya de Bojador, con especial atención aos nenos/as de 0 a 7 anos, mulleres embarazadas e persoas maiores.

Específico: (1) Enriquecer e diversificar a alimentación dos refuxiados saharauís a través da proteína fresca (ovos); (2) Mellorar as condición de saúde da poboación da Wilaya de Bojador con especial énfases nos nenos/as e mulleres embarazadas.

Resultados e actividades: 

(1) Proxecto Mellorar a dieta dos refuxiados saharauís a través da compra e distribución de ovos:

RE 1.1. Mellorar a dieta alimenticia da poboación saharauí.

A.1.1.1. Compra de ovos por parte do Ministerio de Cooperación Saharauí e a Media Luna Roja Saharauí.

A.1.1.2. Distribución de ovos por parte do Ministerio de Cooperación Saharauí e a Media Luna Roja Saharauí.

(2) Proxecto Prestación de axuda sanitaria e dotación de material sanitario nos campamentos de refuxiados saharauis:

A.1.1. Prestación de atención sanitaria á poboación, con especial atención ás mulleres e aos nenos e nenas.

A.1.2. Equipamento da casa sanitaria de Galicia.

A.1.3. Identificación dos problemas.

Poboación beneficiaria: 

Directa: (1) 173.600 refuxiados; e (2) a poboación situada na wilaya de Bojador (Según enquisa de poboación do 2004 ascende a 5.832 persoas)- todas aquelas persoas que sexan atendidas no hospital e nos dispensarios.

Indirecta: (1) non se indica; e (2) todas as dairas que se atopan ao redor e que pola súa proximidade poderán aproveitar o proxecto.

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 110.000 € (100.000 € inicial, 10.000 € addenda)