Proxectos

Protección e asistencia de poboación refuxiada venezolana en Colombia no contexto da Covid-19 durante o ano 2022

O presente proxecto implementarase no departamento de Norte Santander, en Colombia, unha zona con alta acollida de refuxiados e migrantes provenientes de Venezuela, e na que ACNUR xa realizou entregas previas de forma prioritaria a familias venezolanas de asistencia en efectivo e a realización de estudos de vulnerabilidade. O obxectivo xeral será contribuír ao proceso de protección internacional dos/as refuxiados/as venezolanos en Colombia asegurando o acceso a servizos de emerxencia. Para iso, o obxectivo específico exposto será o de fortalecer a capacidade de 62 familias refuxiadas venezolanas de 4 membros, un total de 248 persoas, no departamento de Norte Santander para afrontar as súas necesidades básicas. Para alcanzar ambos os obxectivos, perseguiranse 3 resultados principais: manter e actualizar un rexistro da poboación venezolana que permita destinar os recursos a quen máis o necesitan; realizar as transferencias mensuais de ao redor de 75 euros a 62 familias venezolanas de 4 membros; e axudar ás familias beneficiarias a afrontar as súas necesidades básicas en materia de protección, vivenda, saúde e alimentación

Ano: 
2022
Instrumento de financiamento: 
Convenio Acción Humanitaria
Rexión: 
América do Sur
País: 
COLOMBIA
Zona de actuación: 
Santander (departamento)
Axentes: 
ACNUR (Comité español do ACNUR, axencia das Nacións Unidas para os refuxiados)
Contraparte: 

Alto Comisionado das Nación Unidas para os Refuxiados (UNHCR / ACNUR) – Colombia

Código CRS: 
72050 - Coordinación dos servizos de protección da axuda
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír ao proceso de protección internacional dos/as refuxiados/as venezolanos en Colombia asegurando o acceso a servizos de emerxencia

Específico: Fortalecer a capacidade de 62 familias refuxiadas venezolanas de 4 membros, un total de 248 persoas, no departamento de Norte Santander para afrontar as súas necesidades básicas

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Mantido e actualizado un rexistro da poboación venezolana que permita destinar os recursos a quen máis o necesitan

            A.1.1.1 Determinación das familias beneficiarias

RE 1.2 Realizadas as transferencias mensuais de arredor de 75 euros a 62 familias venezolanas de 4 membros- 248 persoas no Departamento de Norte Santander

            A.1.2.1 Transferencia de ao redor de 75 euros a 62 familias de 4 membros extremadamente vulnerables durante 6 meses

RE 1.3 As familias beneficiarias afrontan as súas necesidades básicas en materia de protección, vivenda, saúde e alimentación

            A.1.3.1 Seguimento postdistribución

Poboación beneficiaria: 

Directa: 248 persoas en 62 familias venezolanas refuxiadas de catro membros

Indirecta: 247.000 persoas venezolanas refuxiadas e migrantes previstas no Norte de Santander polo Plan Rexional de Resposta á Poboación Venezolana – RMRP

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 30.000 €