Proxectos

PROXECTO DE FORTALECEMENTO DO SECTOR DA COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO GALEGA 2008-2009

Fortalecer a capacidade operativa da Coordinadora Galega de ONGD como entidade representativa do sector da cooperación en Galicia.

Ano: 
2008
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
COORDINADORA GALEGA DE ONGD
Código CRS: 
92010 - Apoio a ONGD nacionais
Obxectivos: 

Conseguir unha mellora cuantitativa e cualitativa da Cooperación ao Desenvolvemento realizada na nosa Comunidade Autónoma.

Resultados e actividades: 

1. Prestar servizos de información e apoio técnico ás ONGD integradas e non integradas na Coordinadora.2. Impartir un total de 6 seminarios de formación específicos dirixidos ao persoal das organizacións das diferentes áreas.3. Fortalecer aos grupos e comisións de traballo.4. Comezar un proceso de participación activa das ONGD na Planificación estratéxica da Coordinadora5. Realizar un Encontro de busca de sinerxías e puntos comúns: “Buscando Sinerxías, fortalecendo o sector”.6. Elaborar a Planificación estratéxica da Coordinadora Galega de ONGD para os vindeiros 4 anos. 7. Levar a cabo o Encontro sobre Cooperación Local8. Redacción  dun documento coas conclusións do Encontro e difusión pública do mesmo a través dos Medios de Comunicación.9. Asistir ás xuntanzas periódicas de Coordinadoras Autonómicas e aos Encontros anuais que se realizarán en diferentes cidades. Así como, participar activamente en todo o conxunto de actividades que organice o grupo de autonómicas da CONGDE10.  Realizar accións múltiples de incidencia política.11. Promover e asistir ás Xuntanzas con organizacións públicas e privadas para tratar temas de cooperación.12. Organizar reunións cos principais directivos dos medios de comunicación con sede en Galicia.13. Levar a cabo Mesas de diálogo cos/as xornalistas dos principais medios galegos (Almorzos con xornalistas con café de comercio xusto). 14. Presentar proxectos ás diversas convocatorias15. Incrementar o número de organizacións integradas.16. Proporcionar información e difundir materiais e documentos de interese á sociedade galega.17. Impartir formación especializada dirixida á sociedade galega18. Impulsar Campañas de Sensibilización

Poboación beneficiaria: 

Poboación beneficiaria directa: As 45 ONGD que actualmente integran a Coordinadora.Poboación beneficiaria indirecta: Resto de axentes de cooperación ao desenvolvemento: ONGD non integradas, administracións públicas estatais, autonómicas e locais; universidades, sindicatos, organizacións sociais, empresas e organizacións empresarias. Sociedade galega, En especial aos universitarios/as e as nenos/as en idade escolar.

Axudas: 

180.000,00 Euros