Proxectos

Resposta ante a emerxencia humanitaria provocada polo cambio climático na Comunidade Andina Indíxena de Totora e reforzo da súa capacidade de resiliencia. Apurímac. Perú

Este proxecto busca incrementar a capacidade de resiliencia na Comunidade Indíxena Altoandina de Totora para diminuír a vulnerabilidade provocada por efectos do cambio climático (choivas torrenciais, inundacións, baixísimas temperaturas, xeadas e sarabiadas), desenvolvendo as capacidades das familias en xestión de riscos. As fortes choivas e precipitacións rexistradas en xaneiro, febreiro e marzo castigaron intensamente a Apurímac, o que provocou desbordes de ríos, activación de crebadas, inundacións, etc. Isto deixou a miles de familias afectadas e damnificadas, vías interrompidas e problemas importantes en infraestruturas comunitarias. Destruíronse gran parte das terras de cultivo e morreron moitos dos animais, base da economía de subsistencia indíxena na zona. Ás choivas torrenciais hai que sumar as xeadas permanentes e intensas sarabiadas que padeceu a comunidade na que se desenvolve o presente proxecto.

Ano: 
2023
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Acción Humanitaria
Rexión: 
América do Sur
País: 
PERÚ
Zona de actuación: 
Apurimac (departamento)
Axentes: 
FUNDACIÓN CUME PARA EL DESARROLLO DE CULTURAS Y PUEBLOS
Contraparte: 

Cáritas Abancay

Código CRS: 
70000 - Axuda humanitaria
Obxectivos: 

Xeral: Redución de vulnerabilidades na Comunidade de Totora ante aos eventos climatolóxicos adversos.

Específico: Poboación e autoridades da comunidade de Totora fortalecidas en prevención e xestión de riscos ante os eventos climatolóxicos adversos

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Poboación e autoridades locais da comunidade de Totora, fortalecidas na prevención de xestión de riscos para enfrontar eventos climatolóxicos adversos, promovendo o liderado da muller

            A.1.1.1. Constitución e fortalecemento do Comité Comunitario de Xestión de Riscos integrado por mulleres e homes.

                        1.1.1.1.: Capacitación e elaboración de ferramentas de xestión

                        1.1.1.2.: Mapeo e rexistro de persoas altamente vulnerables

                        1.1.1.3.: Equipamento ao Comité comunal de xestión de riscos.

            A.1.1.2. Elaboración dun mapa de riscos comunitario

            A.1.1.3. Formación e capacitación a brigadistas comunitarios para a xestión de regas.

                        1.1.3.1.: Talleres de fortalecemento de capacidades para brigadistas

                        1.1.3.2.: Equipamento aos e as brigadistas comunitarios

            A.1.1.4. Desenvolvemento de simulacros comunitarios.

            A.1.1.5. Elaboración e difusión de anuncios de sensibilización fronte a situacións de emerxencia.

            A.1.1.6. Implementación con roupa de abrigo ás familias fronte a choivas intensas, sarabiadas e xeadas.

RE 1.2. Mulleres e poboación da comunidade de Totora toman medidas preventivas para reducir a inseguridade alimentaria en situacións climatolóxicas adversas, de maneira sostible.

            A.1.2.1. Programa de formación de promotores, promotoras e líderes comunitarios.

                        1.2.1.1.: Formación e capacitación de promotores/as agropecuarios e líderes/as.

                        1.2.1.2.: Equipamento de promotores e promotoras comunais.

            A.1.2.2. Talleres de réplica sobre protección de cultivos e crianza de animais.

            A.1.2.3. Instalación de cultivo de faba, papa e millo para recuperar as perdas ocasionadas polos eventos climatolóxicos a través da utilización de biofertilizantes biolóxicos.

            A.1.2.4. Instalación de biohuertos familiares.

            A.1.2.5. Cultivo de alfalfa e avea forraxeira.

            A.1.2.6. Implementación de módulos de cuy.

            A.1.2.7. Implementación de módulos de composteiras.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 243 (81 mulleres; 87 homes; 37 nenos; 38 nenas)

Indirecta: 729 (256 mulleres; 279 homes; 98 nenos; 96 nenas)

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 69.989,89 €