Proxectos

Voces TRANSformadoras: fortalecer o benestar físico e mental de persoas LGBTI+ desprazadas no Salvador

Este proxecto representa a II fase da estratexia, de COMCAVIS TRANS e ACPP, orientada a fortalecer a atención e protección integral a persoas LGBTI+ en situación de vulnerabilidade por violencia, desprazamento forzado e procesos de mobilidade humana no Salvador. Esta proposta supón a continuación da I Fase, que comezou no 2022 co apoio financeiro da Xunta de Galicia e senta un precedente ao poñer o foco nun segmento da poboación invisibilizada e en situación de risco por motivo da súa orientación sexual e identidade de xénero. Esta II fase pretende ser un paso máis na resposta integral á situación de violencia e desprazamento ao que se enfronta a poboación LGBTI+ no Salvador. A través dunha atención en emerxencia a medio prazo (aliñada aos principios humanitarios) e desde un enfoque de xénero trátase de dar resposta á problemática multicausal do desprazamento, así como á multiplicidade de vulnerabilidades ás que se expoñen as persoas LGBTI+.

Ano: 
2023
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Acción Humanitaria
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
O SALVADOR
Zona de actuación: 
San Salvador (departamento)
Axentes: 
ASEMBLEA DE COOPERACIÓN POLA PAZ
Contraparte: 

Asociación Comunicando y Capacitando a Mujeres Trans en El Salvador (COMCAVIS TRANS)

Código CRS: 
72010 - Axuda e servizos materiais de emerxencia
Obxectivos: 

Xeral: Mellorar o acceso aos dereitos básicos de persoas LGTBI+ en especial situación de vulnerabilidade

Específico: Fortalecer a resposta humanitaria integral, o benestar físico e mental e as capacidades de expresión e comunicación das persoas LGBTI+ desprazadas na casa refuxio Karla Avelar.

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Fortalecida a resposta humanitaria integral de calidez e calidade para o coidado físico e psicosocial das persoas LGBTI+ albergadas na casa Karla Avelar.

            A.1.1.1.Creación dun espazo de mobilidade e un calendario de actividades para o benestar físico e emocional na casa refuxio Karla Avelar para persoas LGBTI+ desprazadas

            A.1.1.2. Rexistro e seguimento de casos de resgardo de persoas LGBTI+ en condición de desprazamento forzado.

            A.1.1.3. Rexistro e seguimento de casos de resgardo de persoas LGBTI+ en condición de desprazamento forzado.

            A.1.1.4. Sesións de autocoidado para equipo operativo de COMCAVIS TRANS.

RE 1.2. Persoas LGTBI+ en situación de vulnerabilidade dispoñen de medios para o acceso digno aos seus dereitos a aloxamento, alimentación e hixiene

            A.2.1.1. Entrega de kits de hixiene persoal e mellora das condicións de privacidade e dignidade.

            A.2.1.2. Entrega de cash transfer de arrendamento para persoas LGBTI+ desprazadas.

            A.2.1.3. Apoio humanitario a través de vouchers para alimentación a persoas LGBTI+ desprazadas.

RE 1.3. Persoas LGTBI+ protagonizan procesos de sanación por medio da expresión comunicacional para contribuír á transformación do imaxinario social favorable aos dereitos das persoas LGBTI+ en situación de desprazamento forzado.

            A.3.1.1. Formación en vocería e habilidades en oratoria para a produción de podcast protagonizados por persoas LGBTI+ desprazadas.

            A.3.1.2. Creación dun Programa de Podcast de COMCAVIS e produción de 5 episodios sobre a prevención da violencia e o desprazamento de persoas LGBTI+ no Salvador.

            A.3.1.3. Realizar un ForoPodcast sobre prevención da violencia e o desprazamento de persoas LGBTI+ no Salvador.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 102 (64 mulleres; 28 homes; 5 nenos; 5 nenas)

Indirecta: 2.015 (715 mulleres; 1.100 homes; 100 nenos; 100 nenas)

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 75.000,00 €