O Goberno galego destina 30.000 euros para a adquisición e distribución de kits básicos de emerxencia e para a atención de partos, así como de subministracións nutricionais
O obxectivo é a mellora das condicións de vida da infancia afectada pola guerra
A Xunta vén de activar o convenio de emerxencias con UNICEF para facerlle fronte á crise humanitaria en Ucraína. O Goberno galego destina 30.000 euros a esta intervención co obxectivo de mellorar as condicións de vida da infancia afectada pola guerra.