O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, e o director de Augas de Galicia, Francisco Menéndez, reuníronse hoxe con dous técnicos de Administración Rexional de Auga do Norte de Mozambique (ARA-Norte) para abordar o proxecto baseado no fortalecemento institucional da ARA Norte, que ten como obxectivo xestionar os recursos hídricos de Mozambique. O proxecto estase a executar empregando como referente a experiencia da Administración Hidráulica de Galicia na xestión de bacías hidrográficas.