O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, visita estes días os proxectos de cooperación que financia a Cooperación Galega en Honduras e O Salvador.
Jesús Gamallo ten como obxectivos principais da viaxe a Centroamérica , ademais de supervisar os proxectos, reunirse coas organizacións que os lideran e coas autoridades locais que os apoian, e por suposto escoitar as apreciacións das persoas beneficiarias dos mesmos.