No DOG do 9 de xullo publícase por primeira vez, a Orde do 2 de xullo de 2014, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de proxectos de investigación e para a creación de grupos de investigación en materia de cooperación para o desenvolvemento, a executar polos grupos e centros de investigación das Universidades galegas.