Co obxectivo de compartir as leccións extraídas do proceso de avaliación final do proxecto de cooperación internacional realizado por Panxea en conxunto con SODePAZ e o IPTK (Instituto Politécnico Tomás Katari); hoxe martes día 19 de febreiro, terá lugar unha charla na que se presentará a situación actual de Bolivia e as aprendizaxes vividas ao longo do proceso de execución do proxecto.