Outras novas

  • 30/05/2012
    Outras novas

    Esta tarde ás 18h no concello de Valga haberá unha presentación pública do proxecto "De Sanxenxo ao Sáhara: Vacacións en Paz", que aínda que foi un dos primeros que realizou Agareso no 2008 segue movéndose polas distintas salas de exposicións de Galicia

  • 24/05/2012
    Outras novas

    Mañá venres 25 de maio ás 19h na sala multiusos da biblioteca do Concello de Narón se presentará o documental “Pequenas Doses de Supervivencia”, que amosa o traballo de diversas cooperativas de cana de azucre, cacao e cítricos en Ecuador. Antes da proxección Agareso e Amarante darán unha charla para presentar o proxecto e tras visionar o documental abrirase un coloquio. Tamén poderase visitar a exposición fotográfica ‘Os rostros do comercio xusto’

  • 23/05/2012
    Outras novas

    O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade convoca o concurso ‘Imaxes con Fondo’, unha ferramenta para promover a reflexión e un cambio de actitude na cidadanía, apostando por condutas solidarias e respectuosas co entorno do planeta e coas persoas que nel habitan.

  • 08/05/2012
    Outras novas

    Desde Médicos do Mundo púxose en marcha un proxecto para tratar os casos de malnutrición infantil no hospital de Dori, capital dunha das rexións de Burkina Faso con peores indicadores nutricionais.
     

  • 03/05/2012
    Outras novas

    "África en el corazón"

  • 25/04/2012
    Outras novas

    A ONG TERRA DE HOMES organiza o próximo día 5 de Maio unha Festa Infantil Solidaria a beneficio do proxecto Viaxe Cara á Vida. Nela contaremos con inchables, globoflexia, maquillaxe, papiroflexia por Coco e animacontos por Duendesico.....ademais unha caseta informativa da ONG.
    D&ÍA: sábado, 5 de Maio.
    HORA: 12 - 20h.
    LUGAR: Centro Comercial Los Rosales.
     

  • 19/04/2012
    Outras novas

    A próxima semana, do 23 ao 29 de abril, estarase a celebrar en todo o mundo a Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME). Este ano, desde a Campaña Mundial pola Educación (CME) baixo o lema "Con dereitos dende o principio. Por unha educación temperá de calidade", reivindicaremos a importancia da Atención e Educación da Primeira Infancia (AEPI), é dicir, a que vai dos 0 aos 6 anos.

  • 17/04/2012
    Outras novas

    En 2012 hai tres países de destino:
    •Bolivia (O Alto e La Paz)
    •Ecuador (Zona selva amazónica: Coca e ribeira do río Napo)
    •Nicaragua (Managua) 

  • 17/04/2012
    Outras novas

    MESA DE TRABAJO Infancia, Género y Ayuda humanitaria: una aproximación al territorio Palestino ocupado en un contexto de crisis global que tendrá lugar en Casa Árabe (Madrid) el día 18 de abril de 2012 a las 17:00h.

  • 12/04/2012
    Outras novas

    Iniciase a segunda parte do proxecto Trocando Peles II; un proxecto de sensibilización sobre xénero e migracións promovido por ACSUR Galiza e financiado pola Xunta de Galiza, que pretende fomentar o coñecemento, a solidariedade e a creación de capacidades en distintos actores da sociedade galega para incorporar o enfoque intercultural, de xénero e de cidadanía na súa práctica diaria.