O acto de presentación, no que participarán Médicos sen Fronteiras, Solidariedade Galega, Matres Mundi e Ecodesenvolvemento Gaia, así como a Fundación Rede de Colexios Médicos Solidarios do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Médicos e os 52 Colexios de Médicos, estará aberto a todas as persoas interesadas en temas de cooperación ao desenvolvemento e voluntariado, para mellorar o acceso á sanidade e a protección da saúde entre os colectivos máis desfavorecidos dentro e fóra das nosas fronteiras.